Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cándido Pazó
Hai uns días, achegouse de novo Cándido Pazó para dar unha das súas contadas (non quero usar a palabra "monólogo" cos contacontos, estes teñen moito máis nivel) no Fórum Metropolitano da Coruña.

Non debía ter repertorio novo e non tería ganas de inventar, así que polo visto contou o que estivo repetindo no ano 2016, en homenaxe a Castelao. Dixo que non sabía exactamente por que, pero no ano pasado celebrábase algo en homenaxe a este autor (dedicáronlle o Día das Artes Galegas), e que tiña unha boa contada en torno a el.

Por sorte, eu non lle vin ese espectáculo o ano anterior, así que para min resultou como novo. E como habitualmente, foi unha delicia.

Hai moitos anos, nos 90, cando eu descubrín ese fenómeno dos contacontos, axiña puxen no meu podium particular a Quico Cadaval, Cándido Pazó e Carlos Blanco. Carlos Blanco xa leva anos nun declive cada vez máis pronunciado, e só vou velo cando actúa con outra xente que me interesa máis, como Luis Davila. Pero Quico e Cándido seguen a un nivel excelso, o que pasa é que Quico actúa algo menos en público, creo.

Por suposto, eu diferencio moito entre contacontos e fenómenos similares, como os galegos (os que dixen ou Celso Sanmartín, por exemplo), e os monologuistas do estilo do Club da Comedia, que me parecen todos nefastos.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2017 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal