Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Maruja Mallo
A ver se o dou explicado ben. Polo visto, sábese por unha inscrición na pedra, que o 1 de abril do ano 1188 se asentaron os dinteis do Pórtico da Gloria.

Esa foi a data na que se inspirou a Real Academia Galega de Belas Artes para crear o Día das Artes Galegas, que se celebra o 1 de abril dende o ano 2015, aínda que se supón que ten vixencia durante todo o ano natural.

Ou sexa, algo que lembra ao Día das Letras Galegas que tanto éxito e recoñecemento público ten acadado. No ano 2015 se lle dedicou ao Mestre Mateo. No ano 2016 tocoulle a Castelao. E neste ano 2017 a elixida foi a pintora surrealista galega Maruja Mallo (agora entendedes o rodeo para chegar ao título do artigo).

Co gallo desa efeméride, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebrou hoxe unha charla sobre a pintora, que foi impartida por Carme Vidal, xornalista cultural que é unha das maiores expertas na súa figura. De feito, a finais dos 90, escribiu a breve biografía sobre Maruja Mallo que formou parte da Colección Mulleres que daquela editou A Nosa Terra.

A charla estivo ben, permitiu desentrañar algúns aspectos algo escuros sobre a súa vida e obra. De feito, como pasa tantas veces, a súa figura está algo oculta, e hai dúbidas sobre se era tan amiga de Buñuel, Dalí e Lorca como ela dicía nos seus anos de vida, ou se era unha invención para darse a valer.

Por se vos queredes ilustrar máis sobre esta fascinante pintora que hoxe compararon con Frida Kahlo e Tamara de Lempicka, podedes ver este documental de curioso título: "Maruja Mallo, mitad ángel mitad marisco".

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2017 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal