Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os catro fantásticos e Silver Surfer
Si, definitivamente estou de vacacións e coas defensas moi baixas, porque rebaixeime a ver unha película que non encaixa nada no meu estilo, pero pola que tiña unha certa curiosidade. Foi "Os catro fantásticos e Silver Surfer" do ano 2007.

Máis ben o que me causaba curiosidade era o tema dos Catro Fantásticos. Tiña entendido que era un enxendro máis dos que crearan a Marvel e Stan Lee (que aparecen na película facendo un cameo), pero non sabían quen formaba o grupo nin cales eran os seus poderes.

Basicamente os catro fantásticos son:

- O home fantástico: que pode estirar e retorcer o seu corpo a vontade, e iso dálle moita forza.

- A muller invisible: que ademais diso tamén pode crear campos de forza que lle dan máis poderes.

- O home antorcha: que pode voar a grande velocidade convertido en chamas, e iso sempre resulta útil.

- A cousa: un home de pedra que se intúe bastante forte e duro, claro.

Pois nada, a cousa era que os dous primeiros ían casar, pero non puideron facelo (ao comezo da película) porque xusto nese momento estaba chegando ao planeta algo que estaba provocando accidentes, baixóns de temperatura, grandes cortes de electricidade, etc.

Resulta que ese algo era o "Silver Surfer", outro superheroe, neste caso maligno (aínda que non tanto como parecía), totalmente plateado e que voaba sobre unha táboa de surf. O primeiro que se enfronta a el é a antorcha humana pero, ademais de non vencelo, queda averiado porque cada vez que toca a algún dos outros fantásticos, intercambian os seus superpoderes.

Buscan como vencelo, pero non parece nada doado, e o exército incluso bota man do Doctor Morte, inimigo dos catro fantásticos, e isto a eles non lles fai ningunha graza. Ao final acaban descubrindo que a base da forza do surfista plateado está na táboa de surf, que é unha "baliza" que lle permite facer de avanzadilla do verdadeiro mal, chamado Galactus, que xa enguliu moitos planetas últimamente, e que está a piques de chegar á terra.

Pero ao final Silver Surfer tiña un corazonciño, revólvese contra o seu xefe e consegue parar a que xa semellaba imparable ameaza sobre a Terra.

Pois nada, moita pirotecnia, a historía é bastante simplona e xa saciei a miña curiosidade "marvelística" por unha boa tempada. Chamoume a atención que ningún dos actores participantes é coñecido, polo menos para min. Só me soaba lixeiramente o nome da actriz que interpretaba á Muller Invisible (Jessica Alba), pero nin sequera me soaba a súa cara.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal