Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De profundis
Está visible neste momento, e durante unhas semanas máis, unha interesantísima exposición sobre Miguelanxo Prado no Kiosco Alfonso da Coruña. Ten orixinais das súas obras dos últimos 10 ou 12 anos.

Está de máis dicir que é moi recomendable, especialmente para todas aquelas persoas que non coñezan a súa obra. Pero pola noite, cando cheguei a casa, dixen que era hora de volver ver a súa película de animación "De profundis", da que trata unha das seccións destacadas da exposición.

Xa ten uns dez anos e xa foi unha idea audaz no seu tempo. Unha película de animación, sen diálogos (así era máis doada de vender no exterior, supoño), poética e lenta. Na promoción, o propio autor xa dixo que estaba pensada para esas persoas (entre as que me encontro, claro) que son capaces de estar sentados na costa durante horas mirando o mar.

A trama é ben simple. Un debuxante que vive cunha violonchelista nunha casa que está no medio do mar, sae a faenar nun barco pesqueiro. Son collido por un grande temporal e o barco naufraga. Cando o seu corpo está caendo ao fondo do mar "revive" e é guiado por unha serea que lle vai ensinando os tesouros máis marabillosos daquel lugar. Finalmente acaba "resucitando" convertido nunha balea que pasea por diante da casa na que vivía. Vaia, esta é a interpretación que fago eu do que vin, pero non creo que estea moi lonxe do que se pretendía transmitir.

Película moi recomendable, pero non para amantes do cine de Michael Bay (como a película anterior a esta que puxen) nin xente con estrés, a non ser que queiran curarse cunha terapia de choque.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2017 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal