Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A illa
O outro día cruceime cunha película do tipo "distopía" que non tiña mala pinta, e como estou de vacacións e coas defensas baixas, boteille un ollo. É a película "A illa", do ano 2005, dirixida por Michael Bay e protagonizada por Ewan McGregor e Scarlett Johansson.

Poderíamos diferenciar varias partes. Por unha banda, a parte distópica que describe un futuro case perfecto e idílico, e por outra banda, o mundo real (sinto o "spoiler") que se ve na parte final. Tamén hai que ter en conta que eu non son nada devoto dos directores pirotécnicos como este, que se contivo durante a primeira parte, pero que na última xa se desmelenou máis.

Vou intentar contar a trama sen destrozala moito. Resulta que un grupo grande de xente vive nun complexo moi ben organizado, no que pasan a vida, pero a súa aspiración principal é conseguir un billete para "a illa", que é un lugar idílico para o que se sortean prazas de cando en vez dun xeito teoricamente aleatorio.

Pero un deles (protagonizado por Ewan McGregor) comeza a preguntarse cousas, debido a varias causas. Últimamente está tendo pesadelos que son sempre iguais. Ademais pareceulle ver hai pouco nunha parte do complexo menos transitada unha bolboreta, e teoricamente iso é imposible porque están metidos alí dentro debido á contaminación do exterior debido a un desastre nuclear ou similar. Así que comeza a cuestionarse a historia "oficial" que difunden as autoridades.

Debido a unha sucesión de casualidades consegue saír do complexo e descubre que fóra non hai a contaminación que se dicía, e que as persoas que están alí dentro están para cumprir unha función, desagradable pero moi útil para algúns que están fóra (espero non ter desmontado moito a trama). Nesta última parte consegue escapar coa compañía da personaxe interpretada por Scarlett Johansson, coa que comeza a ter unha maior sintonía da que xa tiña antes.

Non está mal a película, aínda que a parte que transcorre no exterior, e sobre todo a parte final da mesma xa son moi pirotécnicas, como parece que lle gusta moito a este director.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2017 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal