Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Poetas Di(n)versos: Elías Portela e Sjón
Non é moi habitual, aínda que agora si me resulta posible polo meu horario, pero o outro día asistín a unha nova edición do ciclo de recitais poéticos Poetas Di(n)versos, que tan ben organiza Yolanda Castaño no Ágora da Coruña.

Nesta ocasión a viaxe era a Islandia, porque nos visitaba un dos mellores poetas daquela terra, Sjón, que no seu tempo ten feito letras para os Sugarcubes, o grupo no que comezou Bjork, e guións para Lars Von Trier. E a outra cara da moeda era Elías Portela, poeta cangués que leva uns anos morando en Islandia, e que comeza a destacar como poeta galego e tamén como poeta en islandés, co heterónimo de Elías Knorr.

Primeiro recitou Elías, que é moi expresivo, e nalgunhas ocasións canta, e creo que o escoitei recitar en galego, islandés (supoño), francés e creo recordar que tamén algo dixo en inglés. Despois foi Sjón, que fixo unha breve presentación en islandés e inglés. Despois recitou en islandés, e cando remataba cada poema Yolanda recitaba a súa versión ao galego, realizada por Elías.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2017 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal