Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O último dos mohicanos
O outro día vin na televisión unha película que, así coa tontería, xa ten 25 anos. É a versión de "O último dos mohicanos" dirixida por Michael Mann e protagonizada, entre outros, por Daniel Day Lewis. Está baseada nunha novela de James Fenimore Cooper.

A trama está ambientada no século XVIII, no nordeste dos actuais Estados Unidos, aproximadamente no Estado de Nova Iork. Hai un enfrontamento entre os ingleses e os franceses aliados con algunhas tribos de indios locais, por facerse coa maior parte posible da nova colonia americana.

A cousa vai de que un grupo de de soldados teñen que levar a dúas mulleres dun forte inglés a outro, que son fillas dun dos xenerais ingleses. Entre eses soldados está o prometido da maior.

Pero o indio hurón que facía de guía os traiciona e prepara unha emboscada, da que só se salvan grazas á aparición de tres homes da fronteira, dous dos cales son mohicanos, que as protexerán a partir daquel punto. Cando chegan ao seu destino, resulta que aquel forte está sendo asediado e é o lugar máis perigoso.

A escaramuza encónase e a situación é cada vez máis complicada. Ademais, esa irmá maior que estaba prometida a un soldado inglés que a escoltaba, rompe o compromiso e namórase dun dos novos homes que as acompañan (Ollo de Falcón, protagonizado por Daniel Day Lewis).

Non está mal para pasar o rato, pero tampouco é nada do outro mundo. Parece que o autor da novela orixinal sufriu unha confusión co nome da tribu india, e mesturou os nomes de dúas tribus pre-existentes. Pero en calquera caso, aínda existen persoas descendentes desas dúas tribus, así que o título da súa obra é máis unha licencia poética que outra cousa.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2017 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal