Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión escolar a Madrid
Pois nada, outro ano máis, polo comezo da primavera, tocou excursión escolar a Madrid.

Durmimos no magnífico Hotel Alcalá Plaza, que está ás aforas de Alcalá de Henares, nun polígono industrial e comercial. As actividades foron as seguintes:

- O 1º día fixemos o desprazamento da Coruña a Madrid, parando a xantar e visitar Ávila.

- O 2º día fixemos unha visita panorámica a Madrid, cunha guía turística que se subiu ao noso autobús. Despois xantamos no Hard Rock Café e visitamos o Museo de Cera. Pola noite fomos ao Musical de "El Rey León" e ceamos no Restaurante Kruger, moi cerca da Praza de España.

- O 3ª día fomos a clases de esquí no Centro Comercial Xanadú, e despois estivemos un ratiño no Retiro, facía unha tarde espléndida.

- O 4º día basicamente estivemos no Parque de Atraccións.

- O 5º día volvemos para casa, pero fixemos unha breve visita ao Museo do Prado e xantamos en Segovia.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2017 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal