Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As Encrobas: a ceo aberto
Acabo de ver no Fórum Metropolitano da Coruña a proxección do documental "As Encrobas: a ceo aberto", dirixido por Xosé Bocixa.

Obviamente, era unha proxeción fóra do común. Alí normalmente proxectan os xoves, venres e sábado. Pero dende hai algún tempo, a asociación de veciños de Oza, Gaiteira e Os Castros está facendo un ciclo de cine mensual con documentais galegos sobre temas de actualidade.

O documental é de hai 9-10 anos, pero está de novo de actualidade porque estanse cumprindo 40 anos dos grandes enfrontamentos nas Encrobas, cos aldeáns a paraguazos coa Benemérita, ganando os de sempre, claro.

Segue véndose claro que as grandes empresas eléctricas, ou en xeral de calquera tipo, bótanlle moita cara á vida e que son capaces de pasar por enriba de quen sexa para ganar cartos, e así nos vai.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2017 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal