Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Malas terras
Hoxe mesmo fun ao Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa da Coruña, para ver a primeira das tres películas dun ciclo que van botar alí. Teoricamente, o eixo do ciclo é a relación entre cine e fotografía, ou algo así, pero sigo sen ver clara a explicación da temática.

O caso é que hoxe proxectaron "Malas terras", a primeira película do estraño director Terrence Malick, do ano 1973. Rodou outra nos 70, e despois tardou 20 anos en volver rodar. Últimamente anda bastante desbocado, pero segue tendo desconcertado a todo o mundo, porque ninguén ten claro cara onde vai este estraño director que nunca concede entrevistas e do que case non hai fotografías.

Obviamente, o director deste ciclo, que é quen dirixe todos os desta institución, Javier Trigales, desfíxose en eloxios da película, que é unha das mellores primeiras películas da historia e todo iso. A min non me pareceu nada do outro mundo. Si, está ben, pero non moito máis.

A película está protagonizada por Martin Sheen e por Sissy Spacek (esta con só 14 anos). El é un rapaz que é despedido do traballo como barrendeiro e que ten tendencia a meterse en líos, e ela é unha adolescente que vive co seu pai.

El préndase dela (e a ela parece que tampouco lle disgusta), pero o pai dela non aproba a relación. O que pasa é que o pai non é consciente do perigoso que é enfrontarse ao rapaz, que é algo desequilibrado e caprichoso.

O rapaz mata ao pai da rapaza, incendia a casa para non deixar probas, e comezan a fuxida. Van pasando por diferentes lugares, pero o resultado é sempre igual, o rapaz vai matando a todos os posibles testigos das súas "fazañas".

E xa comezan a perseguilo por diferentes estados porque está comezando a converterse en bastante perigoso. Acaba sendo apresado, e todo parece reducirse a que el quería facerse famoso.

Pero vaia, moitas das reaccións deles ou das persoas coas que se cruzan son algo estrañas, dan lugar a diálogos algo delirantes e difíciles de seguir.

Como curiosidade, poño un pequeno fragmento da película onde sae o director Terrence Malick facendo de actor. Nesta escena, obviamente é o señor de chapeu que non é Martin Sheen.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2017 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal