Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O último día de Terranova
Nestes últimos días lin a última novela de Manolo Rivas, titulada "O último día de Terranova". Teoricamente, Terranova é unha librería que ten que pechar por presión urbanística, e esta novela trata de todo iso.

Pero realmente non é así. Desa temática concreta fálase algo na parte final. O resto é unha paranoia de localizacións en diferentes lugares e épocas, Galicia, Madrid, Arxentiña, nos anos 30, nos 70, na actualidade.

É moi habitual nas novelas de Manolo Rivas que haxa múltiples fíos argumentais, que ao comezo despistan moito, pero acaban confluindo para dar lugar a unha novela coral moi ben feitiña.

Pero nas últimas que lle lin, xa non o vexo nada claro, e o despiste inicial dura tanto que xa non dou remontado a historia. E esta vez pasoume de novo. Non fun capaz de conectar coa historia en ningún momento, e ao chegar ao final, estaba tan baleiro como ao comezo. Outra vez será.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2017 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal