Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Psiconautas
Puiden ver no pequeno Cine Numax de Santiago a película "Psiconautas", dirixida por Alberto Vázquez e Pedro Rivero. Na última edición dos Goya, Alberto levou o premio á mellor longa de animación por esta obra, e a mellor curta por "Decorado" (que aínda non vin, claro).

O caso é que esta "Psiconautas" é unha pasada. É moi complicado explicar en que consiste. Máis ou menos existe unha illa cunha vida idílica, ata que hai un grande accidente, non queda moi claro de que tipo, podería ser a erupción dun volcán. Dende ese momento, hai moi poucos supervivintes, todo está cheo de lixo....

Todos os protagonistas son animais (supoño que significa algo, case todo na película é tremendamente inquedante), e semella que todos teñen algo que ocultar e ninguén é inocente de nada. Por exemplo, o que supostamente é o protagonista principal, BirdBoy, non fala, e de cando en vez, tuse e expulsa sangue polo pico. Semella que ten que ver algo coa morte tráxica do pai, que condicionou parte do seu futuro.

A película destila bastante violencia e agresividade, pero sobre todo, chamoume a atención que moitos diálogos que parecen estar fóra de lugar, seguro que non o están, e que debe haber metáforas con moitas ramificacións que fan referencia a moitos problemas de sociedade actual (é unha especulación miña).

Se non a vistes, totalmente recomendable, faravos pensar moitísimo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2017 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal