Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O mar dos homes libres
Andrés Vidal é o pseudónimo artístico dun escritor catalán que vende moitos libros a través de foros como o Círculo de Lectores. Normalmente escribe novelóns que desenvolven a vida dunha persoa, e que dan lugar a libros máis ben tirando a grosos, de fácil dixestión e bo ritmo narrativo.

Xa lera dous libros anteriores del, centrados na Catalunya de finais do século XIX e comezos do século XX, e como non me desagradaron, lanceime con este "O mar dos homes libres".

Está ambientado no Languedoc na época da Revolución Francesa, e conta a vida dun rapaz que ata a adolescencia, vive na súa aldea, pero quere marchar de alí, porque ten algún importante desengano amoroso, e porque a aldea se lle queda pequena, e non se ve toda a vida traballando na panadería da súa familia.

Marcha entón cos exércitos de Napoleón a Exipto e a Siria. E uns anos máis tarde, está formando parte dun barco pirata francés que ataca a barcos ingleses no Índico. Nunha expedición algo azarosa, naufragan, e salva a vida milagrosamente ao chegar a unha illa na que pasará 4 ou 5 anos cos indíxenas nun clima de paz total.

Pero cando está alí, éntralle a morriña por volver a casa. Xa leva moitos anos fóra e agora añora algo de estabilidade. Naquela época para na illa para reparar aparellos, un barco holandés co que consegue voltar a casa.

Cando chega, moitos anos despois de ter marchado, o panorama non cambiou demasiado. Houbo unha revolución, pero algúns que mandaban bastante, agora ségueno facendo, e a poboación segue descontenta.

Como nas novelas anteriores, a calidade da súa escritura non é maxistral, pero conta boas historias coas que entreterse.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2017 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal