Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outro entroido en Santiago

Un ano máis, durante o para min insoportable Entroido, escapei da miña cidade para descansar un pouco en Santiago de Compostela, esa cidade cercana e querida que tanto me gusta.

Como actividades máis destacadas podería sinalar a visita á Colexiata do Sar, ao Museo Pedagóxico de Galicia e ao Centro Galego de Arte Contemporánea. Tamén tiña previsto ir ao Museo do Pobo Galego, que cumpre 40 anos, pero unha confusión cos seus horarios non mo permitiu.

Sempre aproveito estes días de desconexión para ler algo. Estas vez lin dúas novelas: "O mar dos homes libres" de Andrés Vidal, e "O último día de Terranova", de Manuel Rivas.

Nun hábito que estou comezando a coller, vin en Numax dúas películas: "Psiconautas" de Alberto Vázquez e "Mimosas" de Oliver Laxe.

E nada máis, se non sucede nada raro, o vindeiro ano por alí estarei de novo. Ah si, e descubrín as sendas do río Sar, que descoñecía por completo.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2017 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal