Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outra volta de "tuerca"
Hai unhas semanas vin na 2 unha curiosísima película, que non sabía nin que existía. Era unha versión española, do ano 1985, da novela de Henry James "Otra vuelta de tuerca", e dirixida por Eloy De la Iglesia.

Antes de falar da propia trama e historia, hai moitas curiosidades sobre a película. En primeiro lugar, está ambientada en España, e o protagonista principal é un home, cando na novela orixinal inglesa é unha muller.

Resulta que naqueles anos 80 españois daban subvencións por adaptar novelas ao cine, e tamén había axudas específicas (do Goberno Vasco, entendo) por rodalas en Euskadi. Esa debeu ser a razón pola cal colleron unha novela de certo éxito e a ambientaron xa non só en España, senón no País Vasco (a min pareceume recoñecer paisaxes moi coñecidos de Zumaia, por exemplo).

Pero outra sorpresa foi o director, Eloy de la Iglesias, que poucos anos antes estaba rodando películas como "El pico" ou "Navajeros". Así que isto representaba un xiro bastante considerable na súa filmografía.

O caso é que un rapaz que acaba de saír do seminario (finalmente non quere ser sacerdote, aínda que ten un sentimento relixioso moi profundo), é contratado para facer de preceptor de dous nenos nunha mansión na costa vasca. Contrátao un marqués que é tío dos rapaces que non quere que se lle moleste.

Cando chega á mansión só está a nena, o neno está internado nun colexio dos Xesuítas. Pero aos poucos días, expúlsano de alí e vai para a mansión, e a súa irmá xa anunciara misteriosamente que iso ía pasar.

Calquera que vexa a película, dase conta dende o principio, que os dous nenos ocultan algo e que non son tan inocentes como parecen, nin moito menos.

Van pasando cousas estrañas, sobre todo pola noite, e o preceptor vai descubrindo que na historia recente da mansión pasaron varias persoas de costumes algo relaxados que deixaron fonda pegada, sobre todo nos dous rapaces.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2017 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal