Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A morte de Luis XIV
Como estaredes vendo, últimamente estou indo bastante ao CGAI. E normalmente non hai moita xente, a afluencia normal pode estar entre 10 e 20 persoas. Hai pouco programaron unha sesión, e a sala estaba practicamente chea, e dixen "ui, isto debe ser algo grande".

Proxectaban a película "A morte de Luis XIV", do cineasta Albert Serra, que estaba alí, presentou a película e ía estar nun coloquio ao final. Pero eu non quedei, xa era tarde e tamén o entenderes ao final do comentario. Fixo bromas en que era "a mellor" película española, pero a min deume a impresión de que era unha película francesa.

Pois é moi doado explicar de que trata a película. É unha crónica tremendamente estática dos últimos 15 días da vida de Luís XIV. Transcorre practicamente todo na súa cámara persoal. Está case sempre postrado na cama porque lle doe unha perna, na que lle saen unhas manchas negras que teñen preocupado a todo o seu entorno.

O seu médico persoal, coa axuda dos médicos da Universidade de París e dalgún charlatán que pasa por alí e ao que lle fan algo de caso porque ningunha outra fórmula funciona, intentan parar a gangrena que se apoderou de toda a perna nos seus últimos días.

Como poderedes intuír de todo o que acabo de dicir, a película é tremendamente lenta e monótona, porque case non sae da habitación. Hai algunha escea na habitación contigua, no que os e as nobres do seu entorno están falando, agardando noticias, e aplauden estupidamente e con sumisión calquera xesto del.

Entre esta sensación de aburrimento, e que era un día laborable e a película rematou bastante tarde, decidín non quedar ao coloquio co director, que seguro que estivo moi interesante.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2017 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal