Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zenit, de Els Joglars
Outra estrea que tiven nos últimos tempos foi Els Joglars. Esta histórica compañía catalá veu moitas veces a actuar pola zona, pero nunca puidera vela (nalgunhas ocasións non tiven maior interese). Pero esta vez veu ao Teatro Colón coa obra "Zenit" e fixen un esforzo por vela.

A obra trata dun medio de comunicación escrito que, como tantos outros actualmente, está vendido ao capital, non informa das cousas realmente importantes, e resulta moi pouco fiable dende o punto de vista informativo.

Entre a plantilla do xornal está un xornalista moi veterano, Martín (protagonizado por Ramón Fontseré, líder da compañía porque parece que Albert Boadella xa non pasa moito por alí), que discute os novos rumbos que está collendo o xornal e a profesión.

Ata aí, todo máis ou menos normal, pero hai que recoñecer que a obra tiña un ritmo fantástico, e que os seis actores (tres homes e tres mulleres, se non lembro mal) están entrando e saíndo continuamente facendo todo tipo de papeis, nótase que é unha compañía de nivel.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2017 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal