Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Trac
Hai tempo xa oíra falar dun grupo coruñés chamado Trac que facía rock progresivo ou algo así. Tiña ganas de velos, pero non resultaba moi doado.

Pero hai varias semanas actuaron no Ágora, presentando simultáneamente dous discos: "Man" e "El bosque sin árboles".

Os dous discos teñen un toque ecoloxista e ambientalista. O primeiro está dedicado a Man, o alemán de Camelle. E o segundo fala sobre as catástrofes medio ambientais.

Obviamente, os dous están trufados diso tan característico deste estilo: as cancións moi longas, ou as "suites" ou conxuntos de cancións relacionadas que se tocan xuntas (como os movementos dunha sinfonía, por exemplo).

Tocaron no concerto os dous discos completos. O primeiro foi "Man", que é unha suite de 6 partes que dura algo máis de media hora. E "El bosque sin árboles" ten tres cancións soltas "na primeira cara" e unha suite divida en catro partes "na segunda cara".

Os músicos son os seguintes:
- Berto Morán: principalmente batería e percusións variadas, aínda que tamén tocaba a guitarra acústica en 2 ou 3 temas.
- Luis Molina: baixo
- Moncho Pardo: guitarra eléctrica
- Juan Cordonié: guitarra eléctrica e guitarra sintetizada.

Máis ou menos, todos se repartían nas voces e coros. Pero semella que o alma mater do grupo é Juan Cordonié. Compón todas as músicas e letras. E ademais, resulta moi espectacular en directo, porque a súa guitarra sintetizada pode soar como un piano, órgano, sittard, etc.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2017 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal