Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O arquitecto do universo
Acabo de ler unha novela que tiña bastante boa pinta, e que confirmou bastante esas expectactivas. Titúlase "O arquitecto do universo", a autora é Elif Shafak, nada en Estrasburgo pero de orixe turca.

Como tantas outras novelas, mestura realidade con ficción, pero non fun consciente ata o final de todo, da gran cantidade de realidade da que falaba e que non me decatara nin preocupara previamente.

Os protagonistas principais son un rapaz (ao comezo, claro) de orixe hindú chamado Jahan, e unha cría (ao comezo, claro) de elefante branco chamada Shota. Cara ao final da novela descubrimos que esa parte inicial é falsa, resulta que non veñen do Indostán, senón doutro lugar máis cercano a Estambul.

Porque a novela transcorre en Estambul, a finais do século XVI e comezos do XVII. Teoricamente, ese elefante é un regalo dun sha hindú para o sultán Suleimán. E o rapaz é o seu coidador. Chegan despois dunha durísima travesía en barco ao palacio do sultán en Estambul.

O segundo fío argumental (e que seguramente dá título á novela) é que o rapaz, ademais de ser o domador da bestia máis aclamada do imperio otomano, convértese nun dos catro aprendices principais do arquitecto principal do imperio, chamado Sinan. Ao final da novela, entereime de que ese personaxe existiu realmente, e tivo unha carreira arquitectónica magnífica.

Así que a novela trata de todas as tramas relacionadas con esas ocupacións, as envexas, as visitas para ver outras magnas obras da arquitectura, como a Basílica de San Pedro cuxa cúpula está redeseñando Miguel Ángel en Roma.

E o final da vida do protagonista transcorre en Agra, axudando a construír un magno mausoleo chamado agora o Taj Mahal. E resulta que algúns dos principais arquitectos que edificaron esa obra foron turcos, dos seguidores de Sinan, así que a trama estaba moi ben urdida.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal