Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

10 anos de Radio Filispim de Ferrol
Hai algún tempo a Radio Filispim de Ferrol, radio comunitaria como CUAC FM, cumpriu os seus primeiros 10 anos, e editaron un vídeo conmemorativo. Viñeron á Coruña a proxectalo, e así aproveitamos para confraternizar cos nosos queridos amigos.

Non é o vídeo que poñemos aquí, máis antigo. O video da efeméride explica moi ben como foi a xénese do proxecto, de onde sae o seu nome ("filispim" é unha expresión típica na cidade que fai burla dos enxeñeiros navais ingleses que estaban dicindo continuamente "full speed"), e outras cousas máis.

Ten programas moi aproveitables, algúns deles poñémolos en CUAC FM. Pero cos medios de comunicación que hai agora, sempre é unha boa idea escoitar algúns dos seus programas.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal