Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nosa terra é nosa!

Ese é o título co que Emilio Xosé Ínsua decidiu bautizar o seu enciclopédico estudio sobre a historias das Irmandades da Fala (1916-1931), editado por Baía. Como se cumpría o centenario da súa fundación, este era o ano para afrontar este traballo tan denso.

Obviamente, polo interese que me suscitan todos os traballos sobre cultura galega e nacionalismo, afrontei a súa lectura con moita ilusión. Pero xa aviso que o libro é longo e denso, e pode acabar coa paciencia de calquera. Aínda que presenta moi ben todo o movemento e entendes todo o que sucedeu daquela, e incluso despois.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal