Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noiteboa
A noite anterior a Noiteboa, fun ver ao Teatro Rosalía da Coruña unha obra de teatro titulada "Noiteboa" de Redrum Teatro. Así que nese caso, incluso estaba moi ben ambientada temporalmente.

Do mesmo xeito que na película "Familia" de Fernando León (se non lembro mal), neste caso unha señora chama a unha axencia para que lle manden un "marido" e un "fillo" para pasar a Noiteboa.

Polo visto, o actor (dobremente) que fai de marido xa levaba facendo ese papel uns cantos anos, pero o de fillo debuta este ano, así que está moi pendente e en constante comunicación co outro, para que lle vaia informando se está facendo ben o seu papel ou se ten que cambiar algo.

Así que a obra trata desa "farsa", na que se van descubrindo novas cousas que fan que a relación persoal entre eles vaia cambiando e evoluíndo ao longo da historia.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal