Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mistery train
E rematamos o ano no CGAI con outra película dos 80 de Jim Jarmusch. Concretamente "Mistery train" do ano 1989. Polo visto, hai unha canción de Elvis Presley titulada así, e ten lóxica, porque a película transcorre en Memphis, e algunha das historias ten bastante que ver con Elvis Presley.

A historia baséase no cruzamento de tres tramas, que teñen en común que acaban durmindo nun hotel algo cutre desa cidade:

- Unha parella de rapaces xaponeses moi novos, que veñen de Yokohama, e que chegan a Memphis coa idea de visitar Graceland e os estudios onde Elvis Presley, Carl Perkins, e outros, gravaron os seus primeiros discos.

- Unha rapaza de orixe italiana, que se atopa de casualidade con outra que acaba de ser deixada polo seu mozo. Comparten habitación no hotel, e debido a iso, coñécense.

- O mozo da anterior, o seu cuñado que é barbeiro, e un colega deles, que escapan dun local onde estiveron a piques de meterse nun lío, pero acaban meténdose en líos igual.

Como curiosidades sobre algúns dos actores e actrices, a rapaza de orixe italiana é Nicoletta Braschi, que tamén era a rapaza italiana que saía en "Down by law". O mozo que deixa á súa moza é Joe Strummer, o cantante dos Clash. O seu cuñado é Steve Buscemi.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal