Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galicia Magic Fest
O outro día asistimos no Teatro Colón á primeira edición do Galicia Magic Fest, argallada polo mago galego Pedro Volta.

Consistíu nunha gala na que participaron moitos magos de diferentes países, na que ao final, cada un deles, só facía 1 ou 2 números, así que tampouco se fixo demasiado longa, en torno ás 2 horas.

Actuaron (menciónoos sen orde):
- Pedro Volta, galego
- Charlie Mag, de Barcelona
- Yunke, de Castellón (polo visto agora é bastante famoso porque sae nalgún programa de televisión moi visto)
- Ta na Manga, dous magos portugueses
- Disguido, unha parella de magos italianos
- Huang Zheng, unha maga chinesa

Habería moitos comentarios que facer sobre as diferentes actuacións, pero como intuiredes, o resultado final foi bastante espectacular.

O mago galego fixo un par de números, un de atravesar unha plancha de metal, e outro de escapar dunha caixa que ía estoupar e na que supostamente estaba esposado. Mentres todo o mundo miraba para o escenario, el apareceu nun dos pasillos do patio de butacas.

Charlie Mag fixo uns números con pombas e peixes. Yunke fixo varios números de aparecer persoas en caixas, desaparecer, partir en dous, etc.

Para moitos, os portugueses Ta na Manga foron os mellores. Un deles (que aparentemente participaba moito menos), facía de narrador dunha historia na que ían sucedendo cousas máxicas. Semellaba que era o outro integrante do dúo o que facía verdadeira maxia, pero nisto nunca se sabe. Fixeron moitas cousas alucinantes, pero o das garabatas foi o mellor. Fixeron desaparecer unha ardendo (que tiña posto un deles nese momento), e "pintaron" outra sobre a marcha utilizando unha fror branca que aparecera nun número anterior.

O dúo italiano Disguido foi, para min, do máis frouxo, eran máis ben cómicos destinados a público infantil. E a maga chinesa Huang Zheng resultaba moi poética, pero xa sabedes que cando se di iso, significa que os seus trucos impresionaron menos.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal