Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Down by law
Nese sprint final de ano no CGAI que fixen hai uns días, as últimas sesións eran de Jim Jarmusch. Un director de certa fama que últimamente se está cruzando bastante comigo.

No ciclo "Cinenterraza" do último verán vin "Night on earth" (Noite na Terra). E esta vez tocáballe a quenda a "Down by law" (Baixo o peso da lei).

Esta película está protagonizada por Tom Waits (semella ser bastante amigo do director, porque ten relación con algunhas das súas películas), John Lurie (o mesmo, porque parece que fixo a música de varias das súas películas) e Roberto Benigni.

O caso é que en Nova Orleans, estes tres tipos acaban na mesma celda do cárcere, por diferentes razóns. Roberto Benigni fai o papel dun inmigrante italiano que ademais ten bastantes dificultades co idioma.

Inicialmente non lles cae nada ben aos outros dous, pero o caso é que preséntalles un plan de fuga do cárcere que sae ben.

O resto da película consiste na fuxida polos pantanos de Luisiana. Ao final dan de casualidade dun "galpón" no que está instalada outra inmigrante italiana. Obviamente, o personaxe de Roberto queda alí, porque namora da outra, e os outros dous, que non se levaban nada ben entre si, marchan por camiños separados.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal