Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Luces de bohemia
Na voráxine cultural que vivín hai unhas semanas, tocou voltar ao CGAI, ese templo audiovisual de referencia que temos na Coruña (que Feijoo está intentando botar abaixo), e fun varios días seguidos, para compensar a sequía dos meses anteriores.

A primeira das visitas serviu para ver a película española de 1985 "Luces de bohemia", protagonizada por Paco Rabal e Agustín González, nos papeis de Max Estrella e Don Latino, que tan ben retrata os ambientes artísticos do Madrid dos principios do século XX, e baseada na obra homónima de Valle Inclán.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal