Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cómic galego dos 70

Estivo nos últimos meses, e parece que aínda se vai alongar algo máis no tempo, na Normal da UDC, unha interesantísima exposición sobre o cómic galego dos 70.

Moitos estaredes pensando que iso simplemente non existíu, e como non é así, iso aínda o fai máis interesante.

Unha serie de autores, algún dos cales nos soa bastante, como Xaquín Marín ou Isaac Díaz Pardo, e moitos outros que seguramente nos soan bastante menos, con todo o coidado necesario debido á represión da ditadura e coa perenne vixianza á que estaban sometidos, editou algunhas obras ben curiosas e interesantes.

Como mostra, déixovos unha viñeta de "O home que falaba vegliota" de Raimundo Patiño, que foi unha das obras máis salientables dese período. Debido ao éxito, aínda vai poder verse durante unhas semanas no mes de xaneiro, pero non vos descoidedes. A exposición está baseada na tese doutoral de Xulio Carballo.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal