Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Leandro Carré Alvarellos
Hai unhas semanas celebrouse un acto "dobre" no auditorio da Fundación ONCE en homenaxe a Leandro Carré Alvarellos. Foi organizado por Cántigas da Terra como un dos primeiros actos de conmemoración do seu centenario, xa que Leandro Carré dirixiu o seu cadro de teatro nos primeiros tempos.

Comezou a celebración coa representación da obra "Un caso compricado", a cargo de cadro de teatro de Cántigas da Terra, dirixido por Moncho Iglesias.

Levan varios anos traballando dende que se puxo en marcha de novo, e sempre representan obras deste autor, que adoitan ser breves e costumistas. Precisamente hai pouco estiven lendo que, no tempo das Irmandades da Fala, algúns novos artistas criticaban moito o teatro de Leandro Carré porque era moi clásico e que dese xeito non se conectaba coas vangardas. E non lles faltaba razón, pero supoño que daquela facía falta vangarda e tamén retagarda, porque case non había teatro en galego de ningún tipo.

A continuación fíxose a presentación de dous libros. A biografía do autor elaborada por Xosé Manuel Maceira e tamén a obra inédita e esquecida editada por Alvarellos (a pesar da coincidencia no apelido, non teñen nada que ver) hai algún tempo.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2016 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal