Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Poder absoluto
Onte botaron na televisión pública unha película que non tiña mala pinta e da que oíra falar ben hai tempo. Titúlase "Poder absoluto", foi dirixida e protagonizada en 1997 por Clint Eastwood.

Trata dun intelixentísimo ladrón de xoias, que segue traballando, e a gran nivel, aínda que hai décadas que non o pillan. Non se esconde, en absoluto, cada vez que hai un caso dese tipo, é o primeiro interrogado, pero non conseguen descubrir se foi el.

O caso é que unha noite está nunha luxosa mansión (que está baleira nese intre) recollendo un botín fastuoso, cando sucede algo inesperado. Aparece na habitación a muller da mansión co mesmo presidente dos Estados Unidos, que parece que xa tiñan un lío de faldas de antes, e debido á actitude moi agresiva do presidente, ela revólvese, e é asasinada polos escoltas do presidente, xa que estaba ameazando a vida deste.

Intentan deixar limpa e sen pegadas a escea do crime, pero teñen un despiste e deixan algunha proba solta, que o ladrón de xoias descubre e consegue escapar con ela.

Resulta que a muller morta era a nova esposa dun multimillonario que era o principal amigo e soporte do presidente. Incluso dá unha rolda de prensa dicindo que fará o imposible por dar cos culpables, cando está claro que el tiña moito que ver no tema.

O ladrón vai deixándolle pistas ao equipo do presidente e á policía de que sabe o que pasou, e que podería desvelalo. E eles tamén o localizan a el, e intúen que debe ser o ladrón que estaba alí aquela noite, pero non son capaces de demostralo nin de collelo de novo.

Cando tiña pensado fuxir do país, o ladrón decide non facelo, e conseguir demostrar que o presidente estaba implicado no asasinato, e consegue facelo, chegando así a un final tráxico, aínda que merecido.

Hai varias cousas que me chamaron a atención nesta película:
- Por unha banda, a intelixencia do ladrón (protagonizado por Clint Eastwood, obviamente), cunha capacidade para o disfraz inesgotable, que fai que estea todo o mundo detrás del pero ninguén consiga pillalo. Por momentos, a cousa xa parece de coña....
- Xa dende o comezo do caso, dan con el, intúen que el é o principal sospeitoso, e todo xira en torno a iso. Non hai outros sospeitosos, todo o protagonismo é para este tipo.

En calquera caso, a película está moi ben, e o ritmo narrativo debe ser moi ben, porque a película dura dúas horas, e pasáronme nun suspiro, cando rematou non podía crer que transcorrera todo ese tempo....

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2016 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal