Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Benvidos ao Norte
Onte pola noite vin esta divertida comedia francesa que fai uso dos tópicos e prexuízos habituais con que se "adornan" as diferentes partes que adornan un territorio.

Polo visto, en Francia, o norte (xa case fronteira con Bélxica e á beira do Canal da Mancha), debe estar considerado un territorio inhóspito parecido a Laponia.

A trama consiste nun empregado de Correos do sur de Francia, que leva pedindo o traslado a unha oficina da costa azul. Á súa muller apetécelle moito ese cambio á costa, e el está disposto a case todo para conseguilo.

Nese intento, comete unha grave imprudencia, cólleno, e como sanción, mándano como director da oficina de correos de Berges, na zona do Norte-Paso de Calais. Obviamente, a noticia cae como unha bomba, e resulta cómico ver como recollen a información da zona, e os prexuízos que teñen sobre ela.

O caso é que se traslada para alí, o cal supón unha viaxe duns 1.000 quilómetros. Chega de noite, e a súa entrada resulta bastante apoteósica, e a adaptación dos primeiros días resúltalle bastante dura.

O primeiro choque é polo acento e a lingua que falan na zona. Non sei case nada de francés, e moito menos de acentos, pero entendo que a dobraxe estivo bastante currada. As confusións provocadas por esa razón son moi cómicas.

Aparte diso, despois dun par de días de dura adaptación, comeza a coñecer aos seus empregados, que son case como a súa familia, e resultan tremendamente acolledores. E resulta que o lugar comeza a gustarlle moito.

Pero a súa muller non o cre, e non é nada feliz pensando que alí o está pasando ben. Así que el decide mentirlle e facerlle crer que o está pasando fatal. Ata que ela decide tamén ir ao norte para acompañalo nesa terrible travesía.

Dende que saíu esta película (non creo que sexa casualidade), en España fixéronse "Ocho apellidos vascos" e "Ocho apellidos catalanes", que tiveron un éxito abrumador. Non vin ningunha das dúas e tampouco teño a máis mínima intención de facelo. Se cadra fago mal, pero este país xa me ten bastante farto e paso bastante das súas gilipolleces.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2016 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal