Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fontán
Volvendo estes días ao marabilloso pracer da lectura, sempre tan abandonado, lin una novela breve titulada "Fontán", escrita por Marcos Calveiro.

Glosa a figura do fantástico matemático, xeógrafo e astrónomo galego Domingo Fontán. Casualmente é unha das seis persoas que está soterrada no Panteón de Galegos Ilustres, pero case ninguén sabe quen foi. Como é un persoeiro que me atrae de forma especial, merquei e lin esta novela con moito interese.

En calquera caso, previamente lera algunha crítica desta obra dicindo que non era unha novela e que era meramente un ensaio ou biografía "disfrazado" de novela lixeira. E seguramente non lle falta algo de razón. Lembro poucos pasaxes novelados, diálogos, e si lembro moitos capítulos (todos moi breves) con datos e narracións sobre as cousas que lle pasaban.

Para saciar a miña ansia de coñecemento do persoeiro chegaron, pero entendo que algunha outra xente que non o coñecía puidera sentirse algo decepcionada. Adereza esa historia coa doutros persoeiros interesantes que tiveron algún mínimo contacto ou referencia (nalgún caso bastante lonxana) con el.

Por exemplo, o que máis aparece é Xosé Rodríguez, o "Matemático de Bermés", outro persoeiro descoñecido da ciencia galega e que marcou unha época. Tamén aparecen por alí os Herschel, Xulio Verne, Ramón e Cajal, etc.

Falando algo sobre Domingo Fontán, conta o autor que durante algún tempo foi profesor na Universidade de Santiago, e que era un profesor moi duro e odiado polos alumnos. Aínda que tamén parece que moitos deses alumnos se dedicaban pouco a estudar e moito a xoldar.

Por se non o sabedes, aínda que fixo moitas outras cousas, a súa magna obra é a "Carta Xeométrica de Galicia", un magnífico e detallado mapa, que fixo case el só, despois de percorrer durante 17 anos o país. Foi o primeiro territorio de España que foi cartografado con tal precisión, e foi debido ao soño visionario dun xenio. Nesta e noutras obras chocou coa estupidez dunha terra (tanto Galicia como España) que non se valora e que está sempre máis pendente de asuntos menores. Como vedes, dous séculos despois, tampouco cambiou tanto a cousa.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2016 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal