Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Moll Flanders
Nunhas algo estrañas circunstancias, hai uns días entereime que ían botar na televisión unha versión da película "Moll Flanders", título que me soaba de algo e me suscitaba un certo interese.

Estiven investigando e, polo visto, a novela "Moll Flanders" foi escrita por Daniel Defoe (o autor de "Robinson Crusoe") a comezos do século XVIII.

Hai máis versións cinematográficas, pero a que proxectaban ese día é de 1965, dirixida por Terence Young, e a protagonista principal era Kim Novak. Hai un bo feixe de secundarios, entre os cales os máis coñecidos son Angela Lansbury, George Sanders e Vittorio de Sica.

Máis ou menos a historia vén sendo a dunha nena abandonada nun orfanato que, na xuventude, intenta ganarse a vida como criada nunha casa rica. Pero a súa exuberante beleza fai que todos os fillos queiran casarse (ou outras cousas) casarse con ela.

Debido a iso, decide que quere ser rica, e busca un marido con cartos, pero todas esas operacións sáenlle mal, e a pesar de que moitos homes namoran dela pola súa beleza, eles están intentando casar con ela pola mesma razón, xa que pensan que é rica.

Despois de moitos avatares, ten que dedicarse á delincuencia naquel terrible Londres, e debido a iso, remata no cárcere, da que sae cunha pequena milagre, xa que a súa nai (que emigrara a América) lle deixa unha herdanza.

Polo visto, a novela trata de máis cousas, vai a América, volve de novo a Inglaterra, etc. Pero nesta película só falan do que pasa antes de emigrar a América.

Toda a película ten un ton "picarón" no que o sexo está sempre insinuándose debido a que Kim Novak debía ser un icono sexual da época. Tamén habería moito que discutir sobre o que Daniel Defoe pretendía transmitir coa obra. Polo visto, era un liberal conservador moi fanático, así que desconcerta un pouco esta trama. Ao mellor, quería retratar a unha boa parte da sociedade inglesa da época, e xustificar a súa retrógrada ideoloxía.

E deberíamos rematar dicindo onde vin esta película, que tamén ten a súa historia. Non sei como, entereime de que a proxectaban en Localia Vigo, que se recibe en toda Galicia a través de R. A calidade de imaxe non era moi boa, e 4-5 breves escenas estaban sen dobrar e foron emitidas en versión orixinal. Sobran comentarios.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2016 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal