Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Escola de Verán de CUAC FM

Esta última fin de semana celebrouse na fantástica Aula Náutica da Universidade da Coruña (na entrada do dique de abrigo) a I Escola de Verán de CUAC FM.

Por alí pasaron unhas cantas persoas de CUAC FM e doutras radios comunitarias españolas e europeas para contar e compartir as súas experiencias neste interesante mundo.

Nesta foto vemos á principal organizadora do evento, Isa Lema, ao seu carón está Xulio Abalde, o reitor da UDC, e Hakan Casares, do Consello da Cultura Galega, e fillo de Carlos Casares, ao que se dedica o Día das Letras Galegas de 2017.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2016 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal