Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Camarote de luxo
Nun dos magníficos espazos de cine español que están botando na 2, hoxe vin unha película da que xa oíra falar hai tempo. É "Camarote de luxo".

Dirixida por Rafael Gil en 1957, protagonizada por Antonio Casal, rodada na Coruña, e baseada na novela "Luz de luna", de Wenceslao Fernández Flórez, é sempre mencionada cando se fala de cine rodado en Galicia. Como curiosidade, ver as estampas da Coruña dos anos 50 resulta moi revelador.

A historia está moi ben, aínda que o autor é de total garantía, e revela moi ben como era a miseria da época e sobre todo a mafia e a corrupción que había ao redor dos barcos da emigración. Moita xente fixo fortunas mandando galegos a América. Non é o único tema que se trata, pero é o eixo principal.

En canto ao actor Antonio Casal, que protagoniza a película case individualmente, chamoume a atención que por momentos lembraba lonxanamente a Buster Keaton. De feito, agora paréceme verlle un certo ou bastante parecido.

E tamén resulta curiosa, aínda que tamén era bastante habitual en Wenceslao, o tono de amarga comedia no que transcorre a historia. Parece ter momentos cómicos, pero o drama que loce no transfondo é terrible.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2016 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal