Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mariona Rebull
Outro luns pola noite máis, na 2, proxectaron unha interesante película española de mediados do século XX. Neste caso, foi "Mariona Rebull", baseada nunha novela de Ignacio Agustí que foi un grande éxito no país a comezos dos 40. Foi dirixida en 1947 por José Luís Sáenz de Heredia.

Polo visto, este ciclo que botan todas as noites na 2, está formado cada semana por cinco películas que teñen unha temática "similar". E comezan a semana coa película máis antiga e van avanzando pola historia do cine español ao longo da semana. Esta película iniciaba o ciclo dedicado "á familia".

E iso debe ser así porque un dos eixes principais da mesma é a saga dos Rius, uns industriais cataláns que puxeron en marcha unha fábrica téxtil a finais do século XIX.

A película comeza co iniciador da firma, cando xa o seu fillo tamén traballa na empresa, e pouco antes de que morra o pai. Case toda a película transcurre na vida deste fillo, e remata xusto cando decide retirarse, e o seu fillo, que estivo formándose en Inglaterra, chega dende alá, e comeza a traballar na firma, aínda que a el ese futuro non lle convencía demasiado.

Pero o título fai referencia a outra persoa. Mariona Rebull foi a muller deste industrial que protagoniza toda a película, e foi a nai do seu fillo. Aínda que era unha muller de ánimo cambiante e non moi doada de comprender, o seu marido tampouco tiña uns sentimentos moi claros cara ela, era unha parella cunha relación algo estraña, ademais enrarecida por un amigo del que tamén fora amante dela.

O caso é que neste estraño triángulo de persoas, crúzase tamén a crispada situación política de Barcelona a finais daquel século, cos atentados dos anarquistas. Precisamente Mariona morre xunto ao seu amante nun atentado no Liceo, cando tamén o seu marido estaba presente, e cando o seu fillo tiña poucos meses.

Como vedes, unha trama intrincada pero moi interesante. Como sempre, nestas películas en branco e negro, nas que non había efectos dixitais nin caralladas similares, as historias son fantásticas e non te aburres nin un segundo.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2016 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal