Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A raíña Lupa

Onte asistimos no Teatro Colón á estrea da ópera en galego "A raíña Lupa", con libreto de Xoán Pérez, e música e dirección de Fernando Vázquez Arias.

En escena estaba o pianista Gabriel López, catro tenores ou barítonos (Javier Palacios, Diego Neira, Axier Sánchez e Gabriel Alonso) e catro sopranos ou mezzosopranos (Teresa Novoa, Clara Jelihovschi, Alba López e Mª José Ladra), e ademais as 40 voces do coro Follas Novas.

Non era a versión escénica nin orquestral, era a versión con piano e voz, así que resultaba moito menos espectacular e estática. Polo visto, a versión orquestral xa está composta, pero non teño noticias de que se estreara, e non digamos xa a versión escénica.

Eu de ópera non entendo, pero coido que a obra é bastante digna. Pero sendo en galego (aínda que baseada nunha lenda tradicional fermosísima), non creo que teña moito percorrido comercial, por desgraza. Se o conseguira, sería un grande avance.

E como de ópera non entendo, espero que entendan as persoas que lean este comentario que o que vou dicir agora non é falta de respecto, é simplemente o que sucede. As voces dos cantantes de ópera son inmellorables, xa se sabe, pero dificultan moito a comprensión do texto. Esta obra era en galego, o idioma no que falo sempre, e practicamente non entendín nada do texto. Xa sei que hai que ter o oído educado neste tipo de canto para comprendelo, pero debe facer falta tanto adestramento, que moitos quedamos polo camiño, que lle imos facer!!!

En calquera caso, noraboa aos autores e intérpretes, e estaría moi ben que tivera éxito e axudara a divulgar a riquísima cultura galega, tamén a través dun formato tan exquisito e completo como a ópera.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2016 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal