Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O maquinista
Onte, para descansar un pouco do altísimo ritmo de traballo e ocupación, decidín ver en Paramount Channel unha película estraña, cuxa descrición era moi ambigua, e seguramente por iso, me animei. A verdade é que non me soaba de nada o título.

Chámase "O maquinista", é de 2004, e se cadra o máis reseñable dende o punto de vista do estrelato do cine, é que o protagonista máximo e case único é Christian Bale. Aínda que, como podedes ver no trailer, non é nada fácil recoñecelo.

Nun par de esceas ao final (que explican a historia en moitos puntos) vese ao actor co seu aspecto habitual, pero en todo o resto da película está cun aspecto absolutamente escuálido, creo que o seu peso baixou dos 60 quilos, e nalgunhas esceas nas que se lle ve boa parte do corpo, a verdade é que dá auténtico medo. Hai que recoñecer que o esforzo que fixo para adaptarse ao papel foi descomunal, non sei como lle afectaría á saúde.

Vou intentar contar de que vai sen destripar a historia, que máis ou menos se entende ao final, aínda que hai bastantes puntos que fican algo escuros.

Un maquinista (ou sexa, que manexa máquinas nunha fábrica) leva un ano sen durmir, iso cada vez lle afecta máis a nivel físico e comeza a ter problemas no traballo (por un despiste seu, un compañeiro perde un brazo) e na súa vida, case non ten amigos e ten relación con algunhas persoas de comportamento bastante estraño. Non vou dicir que sucedeu, pero ao final compréndese, máis ou menos, como se chegou a esa situación.

Dende logo, unha película alegre non é, se alguén está de baixón, mellor que vexa unha comedia, porque esta historia resulta bastante amarga e deprimente.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2015 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal