Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A rosa d'Adina
Despois da disolución de Berrogüetto, se ACadaCanto non é o mellor grupo que queda na Galiza, moito non lle debe faltar. E como onte viñan tocar a Coruña, non se podía faltar.

Facíano para presentar un EP con seis pezas de Rosalía de Castro musicadas por eles. Este ano e o anterior moitos músicos galegos fixeron iso mismo, con grande acerto en xeral, e ACadaCanto non ían ser menos.

Para quen non os coñeza, os integrantes son:

- Guadi Galego, voz, foi a primeira cantante de Berrogüetto.

- Xabier Díaz, voz e pandeiro nalgunhas pezas, foi o segundo cantante de Berrogüetto, aparte de ter presentado varios discos en solitario e formar parte de moitos proxectos paralelos. Multi-instrumentista, que ademais de percusión, tamén tocar gaita e acordeón, aínda que neste grupo non o fai.

- Guillerme Fernández, guitarrista de Berrogüetto, Espido, e algúns outros proxectos.

- Xosé Lois Romero, neste grupo é o acordeonista, aínda que tamén tocar percusión e gaita, e forma parte doutros proxectos como Vaamonde, Lamas e Romero, no pasado de Terrabieita, etc.

Esta combinación só pode dar lugar a marabillas. Déixovos dous vídeos. O primeiro titúlase "Aló", e é unha das seis pezas do novo EP titulado "A rosa d'Adina" (Adina é o nome do primeiro cemiterio no que estivo soterrada Rosalía de Castro). E o segundo é "Teu nome por mar e por terra", que é a primeira canción do disco anterior (e primeiro) que sacou esta formación, e que é considerada por moita xente unha auténtica xoia.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal