Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Racconto, de Mayumaná
O que vedes no vídeo é o impresionante comezo do espectáculo "Racconto" do grupo israelita Mayumaná, que estivo no Teatro Colón da Coruña hai pouco.

Aínda que debe ser israelita por propietarios, creo que os compoñentes son de moitos lugares diferentes. Está formado por 10 persoas, 5 mulleres e 5 homes, polo menos en escena, sospeito que deben ser máis, pero a cada sesións levan 10 persoas, supoño que entre todas as que teñen dispoñibles.

A min gústanme moito os grupos de percusión, aínda non hai moito falei aquí do grupo xaponés Tao, que vin no Coliseo hai uns anos, e do que gardo un DVD na casa.

Pero Mayumaná non é só iso. Aparte do importante peso da percusión, tamén fan outras partes do espectáculo que se apoian máis no video, na música e incluso na coreografía, e por ese lado non me gustaron tanto, penso que o espectáculo perde algo de forza, polo menos para min.

Así que o comezo que vedes prometía moito, pero a sensación final non foi tan boa como esperaba. De feito, estou intentando lembrar outras partes do espectáculo, e apenas o consigo. E que dicir das intervencións gravadas de Buenafuente, que a moita xente lle resulta gracioso, pero a min....

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2014 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal