Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As crónicas de Bran

O outro día asistín á presentación dun "estraño" libro. Non sei se o acabarei mercando e/ou lendo (é improbable) pero o esforzo da edición merece ser publicitado.

En primeiro lugar, cónstame que na cidade da Coruña ese libro xa foi presentado en varios sitios, todos pequenos e que non acollen presentacións de libros con frecuencia, entre eles un local de hostelería. Só por iso xa vale a pena volcarse un pouquiño. Eu vina na nova librería "Suévia", unha pequena libraría de barrio na Agra do Orzán, concretamente na Villa de Negreira, á que desexamos longa vida.

Por outra banda, esta obra é das primeiras de "Contos estraños", que non sei se é unha editora independente ou unha colección doutra, pero dende logo ten unha moi grande (se cadra total) vinculación con Urco Editora, outra editorial galega á que apoiamos en todo o que podemos.

O libro en cuestión é "A revolta dos Mestres", que é o primeiro volume dunha triloxía (os outros dous están en preparación) titulada "As crónicas de Bran", e é do xénero da fantasía heroica ou épica, como se lle queira chamar. Está escrita por Xosé Duncan, que polo que se ve, estase facendo axiña un nome nese xénero en Galicia e en galego, se é que non o tiña xa, que non o descarto, porque o meu descoñecemento é total nese ámbito.

Así que ánimo a estas novas iniciativas, que nunca están de máis.

Saúdos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-03-2013 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Grazas mil pola reseña que, aparte da ilusión que me fai, pode presumir de ser a primeira qu#blgtk08#e nos publican na rede! Unha aperta (e anímote a que merques, ou cando menos leas, o libro)
Comentario por Duncan (31-03-2013 11:46)
2 Ola Duncan.

Pois home, esta resposta túa xa fai máis factible que merque o teu libro algún día, non é a primeira v#blgtk08#ez que me pasa que o propio autor envía un comentario ao blog. Ireino pensando, a ver se me animo.

Saúdos.
Comentario por Viaxes O Lóstregho (31-03-2013 19:06)
3 Obrigad@s pola tua visita! Agardamos#blgtk08# volver a verte pola Agra do Orzán.
Comentario por Livraria Suévia (01-04-2013 09:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal