Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O fidalgo, de Otero Pedrayo, por Casahamlet |
|
 Hoxe fun ver a obra "O fidalgo", montada por Casahamlet a partir de varios textos de Otero Pedrayo.
A aposta era arriscada:
- Otero Pedrayo non é un autor doado.
- Non existe obra como tal, senón fragmentos que tratan sobre esa figura en varias obras do autor.
- Casahamlet non destaca por facer unhas dramaturxias convencionais, sobre todo cando veñen da man de Manuel Lourenzo, como era o caso.
Así que a obra resultou bastante escura e difícil de seguir, pero hai que aplaudir o inxente traballo desta compañía-escola de teatro coruñesa.
Saúdos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|