Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Moitas máis fotos de Lisboa |
|
Despois de vinte días sen pendurar nada do blog, debido a un aluvión de traballo, aquí estamos de novo.
Pois se queredes, podedes visitar a fotogalería de Lisboa, onde hai xa case 50 fotos desa marabillosa metrópoli. A ver se temos sorte e neste 2008 podemos achegarnos por alí.
Saúdos.
|
|
|
|
Viaxe a Lisboa e arredores, no verán de 2002 |
|
Comezamos neste arranque de ano a pendurar as fotografías daquel marabilloso verán do ano 2002.
A primeira das nosas viaxes foi, aproximadamente, entre o 8 e o 18 de xullo de 2002. Abrangueu a zona central de Portugal, con epicentro en Lisboa (alí creo que non gusta demasiado esa palabra dende 1755), chegando polo sur ata Setúbal e a península da Tróia (en barco) e polo norte ata Tomar e Pombal.
Seleccionamos nada máis e nada menos que 174 fotos da viaxe (moita marabilla vimos). Ao noso ritmo habitual de unha por día, temos para seis meses.
Consultade na galería da FotoBlogoteca chamada "Lisboa e arredores - Verán 2002".
Agardamos que vos guste. Viaxes O Lóstregho.
|
|
|
|
|
|