Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Rosalía de Castro
Este 24 de febreiro cumpríanse 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Na A.C. Alexandre Bóveda fixemos un maratón de lectura onde participaron alumnos do centro no que traballo, unha pequena actuación poético-musical a cargo de César Morán, e unha charla a cargo de Pilar García Negro.

E ao día seguinte fun ao CGAI a ver unhas curtametraxes que trataban do mesmo tema.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 26-02-2012 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
Café só
O outro día presentouse na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o libro "Café só", de Anabel Alonso, editado por Morgante.

É a primeira obra da autora, un libro de relatos, que foi primorosamente presentado acompañado duns videos sobre a lectura dalgúns deles, realizada pola propia autora e o presentador do acto, o poeta Eduardo Estévez.

Desexámoslle moita sorte e longa carreira literaria.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.

Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 25-02-2012 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
FIARE Galiza: Raúl Asegurado
Hai uns días pasou pola A.C. Alexandre Bóveda Raúl Asegurado, representante de FIARE Galiza, un dos principais exemplos de banca ética que se está poñendo en marcha en Galicia.

Xa o fixera hai uns 4 ou 5 anos, para falar do similar proxecto no que estaba enleado daquela, a Asociación por un Interese Solidario O Peto, do que este é unha continuación.

O local estivo cheo ata a bandeira, o que demostra que a xente xa está moi chea da banca convencional e busca outras alternativas máis éticas e menos lucrativas.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-01-2012 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Guerra de grafías, conflito de elites
Hai uns días presentouse na A.C. Alexandre Bóveda o libro "Guerra de grafías, conflito de elites", do que é autor o coruñés Mário Herrero Valeiro. Foi publicado por A través editora, a empresa editorial da AGAL (Associaçom Galega da Língua).

Houbo un animado debate e intercambio de impresións entre o autor e os persoeiros que o acompañaba na presentación, Ramiro Torres e Celso Álvarez Cáccamo, e os asistentes, entre os que estaba Valentim R. Fagim, presidente da AGAL.

Saúdos. Os Mártires da Caiera.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-01-2012 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
O xogo das cadeiras e a invisibilidade das mulleres
Hai uns días tivemos na A.C. Alexandre Bóveda, co gallo do 25 de novembro, unha mesa redonda titulada "O xogo das cadeiras e a invisibilidade das mulleres".

O título ten que ver coa polémica creada hai algún tempo co feito de que na Real Academia Galega apenas hai mulleres, que tiñan que cubrirse este ano varias vacantes, e de que todas foron cubertas por homes. E a raíz diso, falar da situación da muller na sociedade actual.

A mesa redonda foi moderada por Mercedes Queixas, e tamén participaron María Pilar García Negro e Ana Rúa, sendo todas elas presentadas por Victoria Louro.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
XV Memorial de Teatro Amador Ibán Toxeiro
Xa van 15 edicións do Memorial de Teatro Amador co que a A.C. Alexandre Bóveda lembra a Ibán Toxeiro, un xoven socio que morreu traxicamente na flor da vida e que ía para estrela do teatro galego.

Nesta ocasión o festival tivo as seguintes actuacións:
- A primeira parte da obra "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda" que representa o noso grupo de teatro.
- Un fragmento de "Kungfundidos" de Bucanero Teatro.
- Unha peza de Druída Danza titulada "O anxo exterminador".

Este ano o premio foi para o Grupo de Teatro de Maiores da Coruña da Obra Social de Nova Caixa Galicia.

E entre as actuacións cantou o grupo "Canta compaña", dirixido por Julia Cea.

Déixovos cun video dunha obra de Druída Danza.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.


Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 28-11-2011 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Átonos, de Rosalía Fernández Rial
O outro día presentouse o novo poemario titulado "Átonos" de Rosalía Fernández Rial.

Estivo acompañada por Serxio Moreira ao piano, o magnífico teclista do grupo coruñés Duploson.

Foi presentada por Eva Veiga e Miguel Mato.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 28-11-2011 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Carmen Rey nos Concertos de Outono
E para rematar o pequeno ciclo de jazz galego destes "Concertos de outono" tivemos a sorte de ter unha actuación de Carmen Rey, ela soa co seu piano, na Igrexa da Orde Terceira.

E se iso fora pouco, Ángeles Dorrio, que actuou o venres anterior, uniuse a ela nunha canción, titulada "Aló", con música de Carmen e letra dunha tal Rosalía de Castro. Aí tedes o vídeo.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.


Comentarios (1) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 12-11-2011 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
50 anos da morte de Asorey
Hai uns días, a profesora e historiadora Maribel Iglesias Baldonedo, veu á A.C. Alexandre Bóveda para falar dun dos temas nos que é especialista: o insigne escultor cambadés Francisco Asorey.

Deixounos a todos abraiados coa súa erudición e co didactismo co que nos presentou a vida e obra deste gran artista. Dá gusto saber que hai profesores e, en xeral, persoas tan sabias nesta sociedade.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.

Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 12-11-2011 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos de Varsovia e Cracovia

Neste último verán, Manolo Graña, un socio da A.C. Alexandre Bóveda, foi con varias persoas máis de vacacións a diversos lugares de Polonia.

E como habitualmente, fixo unha proxección dalgunhas das fotografías que alí sacou, que gustaron moito o outro día, cando as vimos.

Basicamente a súa viaxe consistiu na visita a Varsovia, Cracovia, as minas de sal de Wieliczka, e os campos de concentración de Auschwitz e Birkenau.

Das moitas cousas interesantes que vimos, chamáronme especialmente a atención as minas de sal, cercanas a Cracovia. Cunha profundidade de máis de 300 metros, e máis de 300 quilómetros de galerías, hai tanto espazo que ata hai unha catedral no seu interior, feito totalmente con sal, obviamente. Ata niso se nota a relixiosidade dese país. A foto que vedes é desa "catedral salina".

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (1) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 12-11-2011 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal