VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Da viaxe a Italia
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 11-07-2011 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
DAS PROBAS DE SETEMBRO: LUCTOR ET EMERGO!
Para alumnos/as coa 1ª, 2ª e 3ª avaliacións pendentes:TEMAS do Libro: temas do 1-2-3 ( ÉPICA) e apuntamentos colgados no blog relativos á terceira avaliación. Domi militiaeque ( sobre a vida na Roma imperial).

Lectura obrigada na 1ª: Odisea, de Homero: cantos VIII ao XII.

Lectura obrigada de teatro clásico 2ª : Edipo Rey, de Sófocles

Lectura non obrigada recomendada na 3ª: Relatos verídicos, de Luciano de Samósata ( editorial Rinoceronte).

Para alumnos/as coa 1ª e 3ª avaliacións pendentes:TEMAS do Libro: temas do 1-2-3 ( ÉPICA) e apuntamentos colgados no blog relativos á terceira avaliación. Domi militiaeque ( sobre a vida na Roma imperial).

Lectura obrigada na 1ª: Odisea, de Homero: cantos VIII ao XII.

Lectura non obrigada recomendada na 3ª: Relatos verídicos, de Luciano de Samósata ( editorial Rinoceronte).


Para alumnos/as coa 3ª avaliación pendente: Apuntamentos colgados no blog relativos á terceira avaliación. Domi militiaeque (sobre a vida na Roma imperial).

Lectura recomendada na 3ª: Relatos verídicos, de Luciano de Samósata ( editorial Rinoceronte).



MODELOS DE EXAMES

Para 1ª avaliación:

I- Tetis e Peleo que teñen que ver con Troia.

II- Porque Homero insistía en chamar a Aquiles, o dos pés lixeiros. Porque é tan coñecido o seu talón.

III- Desenvolve este tema: Troia a realidade histórica dunha guerra épica ( as campañas arqueolóxicas de Schlieman, Blegen e as máis recentes dos anos 90).

IV- Que significaba o nome de Aquiles? Que relación tiñan con Aquiles e quen eran Quirón e Ifixenia?

V- ILÍADA.Cales son as razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia? Como aparecen na película TROIA?

VI- A Ilíada comeza no _____ ano do _________ de Troia. Tras da aparición de Criseida e Briseida, explica cal é o tema central do primeiro canto e da Ilíada, en xeral, e qué teñen que ver estas dúas mulleres con el:

VII- VERDADEIRO OU FALSO en HOMERO: Aínda que na película pase, Homero ou a mitoloxía non o contan así:
Menelao morre tras do combate con Paris:
Paris foxe de Menelao envolto nunha néboa grazas a Afrodita:
Patroclo combatía con Héitor coa armadura encargada por Tetis a Hefesto:
Patroclo tiña permiso de Aquiles para entrar na batalla:
Agamenón morre na toma de Troya:
Hécuba era a esposa de Príamo:
Casandra anunciou os perigos que traerían para Troia Paris e o cabalo dos gregos.
Andrómaca vai escapar de Troia con Helena.
Eneas vai ser case que o único heroe troiano que escapa da matanza de Troia.
Aquiles estab dentro do cabalo de Troia

VIII- Relata o Xuízo de Paris.

IX- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos. Que deuses apoian a Troia e cales a Grecia. Como remata a Ilíada de Homero?

X- O cabalo de Troia que sabemos del pola mitoloxía e pola arqueoloxía?

XI- Sobre a morte de Aquiles, a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?

XII- Cal é o tema central da Odisea?
Porque leva ese título se o seu protagonista é Ulises?
Cal é a calidade coa que se recoñece a Ulises?
De que illa é rei Ulises?

XIII- Quen vén sendo Laoconte? Que ten que ver con Ulises?

XIV- Como se chaman a esposa e o fillo de Ulises? Aparecen na Odisea? En cantas partes dividirías esta obra?

XV- Ulises vai ser retido nunha illa moito tempo por unha deusa mariña chamada____________?
Logo chegará ao país dos_____________ onde tras ser recibido polo seu rei que é o que fai Ulises antes de conseguir a súa axuda para voltar definitivamente a súa terra?

XVI- Por que motivo tardou tanto Ulises en regresar a súa casa? Ten algo que ver Polifemo con isto?

XVII- Quen pasa na cova de Polifemo?

XVIII- Quen son os lotófagos? Que lles ocorre no seu país a Ulises e os seus?
Quen son Escila e Caribdis? Que pasa coas vacas do Sol?

XIX- Cal é o agasallo de Eolo? Por que se nega a recibir a Ulises por segunda vez?

XX- A maga Circe, que relación ten con Odiseo? Que lles fai aos seus compañeiros? Por que e como axuda a Ulises?

XXI- Como son as Sereas? Cando se atopan coas Sereas que fai Ulises e os seus compañeiros ?

XXII- Cando chega a súa terra que aparencia toma Ulises? Que o recoñece?
Como remata cos pretendentes da súa esposa?



Para 2ª avaliación:

I- Cales son as orixes do teatro en Grecia

II- Cales son os máis importantes autores dramáticos gregos e que diferencias existen entre os súas obras?

III- Que sabes da Comedia Nova en Atenas e a súa relación coa Palliata en Roma?

IV- Etimoloxía de ENTROIDO TEATRO ORQUESTRA TRAXEDIA

V- Resume os precedentes da traxedia de Edipo, iso que visualizamos na aula (infancia e primeiras desventuras):

VI- Con quen casa Edipo e como se chaman os seus fillos?

VII- A traxedia do autor grego ...................... comeza coa peste e o adiviño cego................... qué lle dí a Edipo:

Cal é a proclama de Edipo? Sinala nela un exemplo de ironía tráxica.

VIII- ¿Que datos aporta un pastor para a solución definitiva do conflicto?

IX- Por que Iocasta lle impide a Edipo continuar as súas indagacións?
Que fai Edipo e como reacciona ela?

X- Resume o final da traxedia a partir de que a nai de Edipo descubre a verdade:

XI- TRADUCE E RESPOSTA: Quod animal est qui mane quattuor pedibus ambulat, meridie duabus et vespere tribus?

XII- Imaxes e conceptos:Identificar as opartes dun teatro grego.




Para 3ª avaliación:

I- Sitúa nun mapa: Roma, Cartago, Lusitania, Dalmacia, Tracia, Exipto, Britania, Galia.

II- MINITEMAS: As clases sociais en Roma antes e despois da Crise da República.

III- Explica cal foi a máis importante transformación do sistema educativo en Roma?

IV- A escoller: B) Que supón a helenización da relixión romana? B) Etapas do Cristianismo no seo do Imperio.

V-Os escravos motor da Antiga Roma ( visión panorámica da evolución do escravismo en Roma).

VI- Dun exército de defensa a un ofensivo.

VII- Por que en toda urbe romana había termas e acueductos? Por que eran tan populares as Tabernae en Roma? Cantas comidas facían os romanos ao día?

VIII- A escoller: A) Epicureismo que era? B) Que era a “ LEX XII TABULARUM”?

IX- Define o Principado: Que era un foro?

X- Etapas da conquista da Península Ibérica.

XI- Cales son as razóns da caída do Imperio Romano.

XII- Indicar que representan as seguintes ilustracións:Selección de diversas imaxes de monumentos da cidade de Roma e de indumentaria romana fundamentalmente.

RESPECTA, AUDE SAPERE, CRESCAS!
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 11-07-2011 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal