VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROBA DE SETEMBRO
Colocamos distintos exames realizados durante o curso sobre os que traballar para preparar a proba de setembro:

1ª Avaliación:

1- Realiza un debuxo do mapa de Mediterráneo estudado no que aparezan: península Ibérica, de Italia e Grecia, Turquía e a costa onde está Siria e Israel. Non esquezas o norte de África e algunha das illas máis importantes.
2- Escribe o alfabeto grego en maiúsculas e minúsculas.
3- Como definirías a Cultura Clásica? Os nomes da clase que orixe etimolóxica teñen? A que se debe?
4- Que é un mito? Que tipo de relatos consideramos hoxe mitos? O mito é relixión ou historia? Razoa a resposta.
5- Quen son os aedos? Que sabes de Homero? Que relación ten o mito coa literatura?
6- Explica cal foi o proceso que seguiu a Humanidade para lograr inventar o alfabeto.
7- Define o indoeuropeo. Cales son as cinco familias lingüísticas máis grandes do mundo?
8- Sócrates e a escritura: “...Cando chegaron ao das letras, dixo Theuth:-Este coñecemento,oh rei, fará máis sabios aos exipcios e de máis memoria, pois se inventou como un fármaco da memoria e da sabedoría.
Pero el respondeu: -Oh artificioso Theuth! A uns élles dado crear arte, a outros xulgar que dano ou proveito aporta aos que pretenden facer uso dela. E agora ti, precisamente, pai que es das letras, por apego a elas, atribúelles poderes contrarios aos que teñen. Porque é obvio o que producirán nas almas de quen as aprendan, ao descoidar a memoria, xa que, fiándose do escrito, chegarán ao recordo desde fóra, a través de signos alleos, non desde dentro, desde eles mesmos e por si mesmos. Non é, pois, un fármaco da memoria o que atopaches, senon un simple recordatorio. Aparencia de sabedoría é o que ensinas aos teus alumnos, que non verdade. Porque tras escoitar moitas cousas sen aprendelas, parecerá que teñen moitos coñecementos, sendo, ao contrario, na maioría dos casos...”
Que postura defendía o famoso filósofo grego acerca do invento das letras? Cal é a túa opinión sobre a postura de Sócrates? Argumenta debidamente a túa resposta.
9- A partir das ilustracións explica o sincretismo ou fusión que presenta a mitoloxía grega.


2ª Avaliación:


1-XEOGRAFÍA: Coloca no mapa os números: 1.Cnossos, 2-Troia, 3-Micenas, 4-Esparta, 5.PELOPONESO, 6- MAR EXEO, 7-CÍCLADAS 8-Illa de Tera, 9- Atenas e marca con frechas: 10- Invasións aqueas, 11-Invasións dorias e 12-Fuxida dos Aqueos.
2-HISTORIA: Que sabes do nacemento, características, evolución e destrución da civilización minoica?
3-Que sabes do nacemento, características, evolución e destrucción da civilización micénica?
4-LINGUAS: Que son o lineal A e o lineal B?
5-MITOS: Narra brevemente: Teseo e o Minotauro. Dédalo e Ícaro.
6- Narra brevemente: O segredo de Prometeo e a voda de Tetis e Peleo.
7- Narra o teu traballo sobre os amores de Zeus.
8-LENDO AOS CLÁSICOS: Platón e os andróxinos.
9-DE ONTE A HOXE: Quen era Asterión? Que visión ofrece Borges deste personaxe? El fala do “ Palacio de las hachas” A que mito fai referencia? Quen inventou este mito? Razoa as respostas.
10-ARS LONGA: Numera, identifica e comenta o contido das seguintes ilustracións.

3ª Avaliación:

1- A xeografía da Ilíada de Homero: a-EXEO, b-ÍTACA, c-Cnossos, d-Troia, e-Micenas f- Esparta, g-Pilos, h-HITITAS
2- Que é a Épica? Que sabes de Homero
3- Que descubrimentos fixo H. Schliemann?
Que sabemos polas excavacions, Blegen e as máis recentes dos anos 90?
Que nos transmiten os textos en lineal b e dos hititas?
4- ILÍADA.Cales son as razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia? Como aparecen na película TROIA?
5- TEXTOS: A Ilíada comeza no _____ ano do _________ de Troia. Quen son Criseida e Briseida? Explica cal é o tema central?
Despois de ler o texto, identifica quen interven, a que momento corresponde: Posto que Febo Apolo me quita a Criseida, encamiñándome eu mesmo a túa tenda, levareime a Briseida, a de fermosas meixelas, a túa recompensa, para que saibas canto máis poderoso son.....Tal dixo. Perturbouse o Pélida, e dentro do veludo peito o seu corazón discorreu dúas cousas: ou, botando a man á aguda espada que levaba, abrirse paso e matar ao Atrida, ou calmar a súa cólera e reprimir o seu furor. Mentres tales pensamentos revolvía na súa mente e no seu corazón e sacaba a gran espada, veu Atenea do ceo: enviouna Hera, a deusa dos níveos brazos, que amaba cordialmente a entrambos e por eles se preocupaba. Púxose detrás del Pélida e tiroulle da blonda cabeleira, aparecéndose a el tan só; dos demais, ninguén a vía.

6- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos. Que deuses apoian a Troia e cales a Grecia. Como remata a Ilíada de Homero?
7- VIII-VERDADEIRO OU FALSO : Homero ou a mitoloxía non o contan así:
Menelao morre tras do combate con Paris:
Paris foxe de Menelao envolto nunha néboa grazas a Afrodita:
Patroclo combatía con Héitor coa armadura encargada por Tetis a Hefesto:
Apolo ataca as concavas naves do campamento grego e envíalles unha peste,
Agamenón morre na toma de Troia:
Hécuba era a esposa de Príamo:
Casandra anunciou os perigos que traerían para Troia Paris e o cabalo dos gregos.
Andrómaca, muller de Heitor, vai escapar de Troia con Helena.
Eneas vai ser case que o único heroe troiano que escapa da matanza de Troia.
Aquiles estaba dentro do cabalo de Troia.
8- Cadro das etapas da historia da Grecia dos Dorios á Grecia helenística.
9- A Eneida de_____________. Cadro xenealóxico de Troia a Roma.
10- O cabalo de Troia que sabemos del pola mitoloxía e pola arqueoloxía?
Cal vai ser o motivo do retraso do regreso de Odiseo? Comenta as ilustracións:




Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 26-06-2016 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Olimpíadas Clásicas San Narciso 2016

Ocorreu o 21 de xuño, no transcurso das IV Olimpíadas Clásicas San Narciso. Naceran como iniciativa do departamento de Clásicas e de Educación Física no ano 2004 cando se celebraron en Atenas as Olimpíadas, e seguindo o espírito olímpico este ano volvemos a reeditar as nosas Olimpíadas Clásicas. Os alumnos/as de Cultura Clásica levaron a cabo un marabillosa posta en escena titulada: Olimpia, a orixe dos xogos.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 23-06-2016 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
enlace odisea

A ODISEA PERSOAL
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 01-06-2016 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal