VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA SETEMBRO
Deixamos a seguir unha proba modelo da 3ª avaliación:

I- MITOLOXÍA: Conta o mito de Adonis e Afrodita.
II- Resume a historia de Edipo e como chega a ser o rei de Tebas.
III- Podemos facer outra división da Historia de Roma ademais da tradicional? Indica cal é unha e cal sería a outra.
IV- A monarquía romana: que sabemos? SPQR: como se traduce?
V- Etapas da República romana: Explica brevemente cales son e que se debe saber delas.
Que son as Guerras Púnicas? Que provocaron en Roma?

VI- Cales son as características da crise da República. Que período abarca?
-Que logrou Iulius Caesar ao rematar a Guerra das Galias?
VII- Relaciona feitos e protagonistas: ( pon o número correspondente na segunda columna que leva letras minúsculas).
1)1º Triunvirato
2)César declara a guerra a Pompeio atravesa o Rubicón.
3)Exército Profesional
4)Bruto e os senadores pompeianos asesinan a César.
5)Tiberio Graco asasinado, din que por orde dos Scipións.
6)Lépido, M. Antonio e ......................
7)Augusto, primeiro emperador.
8)Defensor das ideas da república, gran escritor
9)Ditador sanguinario.
10)Espartaco
11)Partido dos mellores
12)Ano ou século no que comeza o Imperio.

a)Comezo da Crise da República Romana (133 a.C)
b)Revolta de escravos en Capua e Sicilia.
c)2º Triunvirato.
d)César, Craso e Pompeio.
e)................... antes de Cristo.
f)Optimates.
g)Cicerón.
h)Alea iacta est.
i)Vencedor de Marco Antonio e Cleopatra.
k)Sila.
l)Mario, tío de César.
m)Idus de Marzo.

VIII- Cales son os motivos da caída do Imperio Romano? En que momento se produce?
IX- Que monumentos posúe unha cidade romana? Enumera 9 de importancia.
X- Escolle: ROMANIZACIÓN DE HISPANIA / Romanización da Gallaecia.
XI- Explica as claves e contidos principais do teu traballo sobre a VITA ROMANA

XII- Identifica as seguintes imaxes (son seis imaxes para identificar con algún dos temas tocados e comentalos brevemente).
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 26-06-2014 05:40
# Ligazón permanente a este artigo
Panem et circencis

Unha versión curiosa do dito latino tan coñecido: PANEM ET CIRCENSIS, anda estes días de mundial e decepcións pola rede.

Pan e circo (non é o circo de pallasos e elefantes, senón o de gladiadores e feras) é o que daban ao pobo romano os seus dirixentes coa intención de manter entretidos os ánimos da plebe. Nós podemos ademais aplicalo ao final de curso onde se deben facer distintos tipos de reflexión sobre o seu desenvolvemento.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 23-06-2014 07:54
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos da 3ª avaliación
Os temas que debedes repasar para a proba da 3ª avaliación son:
- O teatro da Grecia Clásica II. Traballo sobre Edipo Rei de Sófocles
- Mitos de Primavera: Perséfone raptada por Hades, Orfeo e Eurídice, Adonis e Afrodita.
- O Latín, lingua de Roma.
- As etapas da Historia de Roma: Monarquía República e Imperio.
- Unha visión distinta da historia de Roma: Da sociedade da Gens á caída dun imperio escravista. (ver a categoría deste blog denominada ROMA).
- Vita Romana: Domi militiaeque " Na casa en paz e na guerra" ( Son os traballos que presentastes cada quen o seu).
- Romanización de Hispania.
- Cultura Castrexa e Romanización de Gallaecia (ver a categoría deste blog denominada CULTURA CASTREXA).
Comentarios (1) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 11-06-2014 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Romanización da Gallaecia
O proceso de Romanización da Gallaecia iníciase con tres fases de conquista do territorio do Noroeste peninsular:

A campaña de Décimo Xuño Bruto, do ano 137 a.C. que realizou unha campaña de castigo das tribos galaicas que axudaron aos Lusitanos na súa resistencia contra a invasión romana. Tras da vitoria perto do Douro sobre uns 60.000 galaicos, dos que morreron uns 50.000, o xeneral romano recibirá honores baixo a denominación do "gallaicus" e será o que cruce contra a superstición o río Limia que as tropas se negaban a facer por temendo que fose o río Leteo ou do Esquecemento, é dicir, a entrada ao mundo dos mortos. No mapa aparece coa liña de cor violeta.

A campaña de César no ano 61-60 a.C. "per loca maritima" unha expedición pola costa tamén dende o sur cara a costa dos ártabros chegando ao que hoxe é a Coruña. No mapa corresponde coa liña amarela.

A que serñia definitiva sería a campaña bélica de conquista dirixida por Octavio Augusto no ano 29-19 a.C. que remata co famoso episodio do Monte Medulio. Está no mapa coas liñas vermellas.
Temos que ter en conta que esta campaña foi máis complexa pois atacou a galaicos, a cántabros e ástures.


Comentarios (0) - Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 09-06-2014 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
Romanización de Hispania

Despois das Guerras Púnicas do século II a. C. os Romanos controlan o levante e unha parte do sur peninsular. Comezan logo a conquista do interior da Hispania tras organizar en dúas provincias o territorio xa baixo o seu control:



Tras a resistencia dos Lusitanos e dos íberos de Numancia a península dominada por Roma comeza un proceso de Romanización imnparable, namentres no norte seguen sen conquistar pobos como os vascones, os cántabros, ástures e galaicos. Os tres últimos serán os próximos en sufrir a ambición dos romanos a comezos do século I d. C.
Comentarios (0) - Categoría: ROMANIZACIÓN DE HISPANIA - Publicado o 01-06-2014 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal