VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vestirse coma un grego/a

O importante é participar, iso di un dito moi popular referido ás competicións deportivas. O noso curso como un dos motores das Olimpíadas Clásicas San Narciso imos animar para que todos os alumnos/as poidan ir ben vestidos de gregos/as. Remitimos á seguinte entrada da Aula Clásica do San Narciso.

Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 23-05-2016 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
CUESTIONARIO BÁSICO SOBRE AS OLIMPÍADAS


Tras estudar distintos apectos das Olimpíadas Clásicas imos ver que retivemos:

I- OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE
Fai un mapa do Mediterráneo e achegándote a Grecia, localiza Olimpia e a península do Peloponeso.
- O deporte tal e como o entendemos é un invento grego porque:
a)
b)
II- A GRECIA ANTIGA, O BERCE DO ESPÍRITO OLÍMPICO.
- Cal dos aportes creativos destacarías como a máis peculiar das actividades da Antiga Grecia?
- En que época nacen e se desenvolven os Xogos Olímpicos? ( Escolle unha)
a) Na etapa anterior á chegada dos pobos indoeuropeos que falan grego.
b) Na época que florecen as poles e o dominio comercial grego por mar.
c) Na época da conquista dos romanos de Grecia.
III- ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS.
-Quen era Pélope, e que pasou con Hipodamia? Por que din que fundaron uns xogos en Olimpia?
-Quen é o fundador máis popular dos Xogos olímpicos e que plantou a carón do Santuario?
IV- A ORGANIZACIÓN DAS OLIMPÍADAS.
- Quen organizaba os xogos e a cada canto se realizaban?
- Que era a Tregua Sagrada?
V- XOGOS NA HONRA DE ZEUS OLÍMPICO.
- Por que se di que as Olimpíadas teñen carácter relixioso.
- Quen foi o autor da gran estatua Zeus quen anteriormente en Atenas fixera unha de Atenea.
VI-ESPAZOS NA OLIMPIA DOS XOGOS
- Que é o Altis?
- Cal era o nome e os símbolos cos que se identifica ao deus máis importante de Olimpia?
- Onde se realizaban as probas deportivas de Olimpia?
VII- AS PROBAS GIMNÁSTICAS I:
-Onde se realizaban as carreiras pedestres?
-Que tipos de carreiras a pé había en Olimpia?
- Que diferenza atopas coas que se levan acabo hoxe en día?
VIII-AS PROBAS GIMNÁSTICAS II:
-Que diferenza atopas entre o salto de lonxitude de hoxe e o que se practicaba na Antiga Grecia?
-Que significa a palabra grega “discóbolo”
IX- AS PROBAS HÍPICAS
-Que tipo de probas se realizaban no hipódromo?
- Sabes que as coroas de vencedores destas probas non eran para o xinete, si para os donos do cabalos por que?
a)Porque os xuíces olímpicos eran moi inxustos.
b)Porque os xinetes morrían todos nestas competicións tan duras.
c)Porque era un deporte aristocrático e só os ricos podían pagar unha cabalería.
X – A MULLER NAS OLIMPÍADAS
-Por que non competían as mulleres nas probas das Olimpíadas. Busca un motivo:
a) Si, había competicións femininas, pero non eran na honra de Zeus.
b) Porque tiñan menos preparación física.
c) Porque había homes espidos no estadio.
A quen estaban dedicadas as probas femininas máis antigas, posible orixe dos Xogos en Olimpia.
a) Estaban dedicadas aos deuses do mal.
b) Eran probas rituais dedicadas á Deusa Nai, divindade mediterránea da fecundidade dos campos.
c) Estaban dedicadas a deusa do amor.
XI- O ESPIDO NAS COMPETICIÓNS.
-Por que corrían espidos os gregos:
a) Para demostrar que eran iguais uns aos outros.
b) Porque pensaban que a perfección do corpo era unha manifestación do poder dos deuses.
c) Porque competían máis cómodos ao non haber mulleres no estadio.
XII-AGÓN(COMPETICIÓN) E NIKÉ ( VICTORIA).
-Por qué os gregos tiñan ese gusto pola competición:
a) Polo seu egoísmo.
b) Por unha demostración aristocrática de valor e o seu afán de superación.
c) Por que gañaban moito diñeiro nos premios.
-Cales eran os premios nunha Olimpíada:
XIII-O XIMNASIO E A VIDA DOS ATLETAS.
- En cada cidade estado grega non podía faltar un ximnasio, por que se chama así:
- Para que empregaban os atletas o aceite?.
XIV- OS OUTROS XOGOS PANHELÉNICOS.
- Que significa “panhelénicos”
- Cales eran os outros xogos e a que deus se dedicaban (Verdadeiro ou falso )
Nemeos: Poseidón
Pitios: Heracles, fillo de Zeus
Istmicos: Apolo

XV- DECADENCIA DOS XOGOS
- Cal cres ti que poden ser dúas causas da decadencia dos xogos:
a) Perda do espírito olímpico ao evolucionar o deporte cara á profesionalización dos atletas.
b) Pola presión dos emperadores cristiáns que fan destruír o templo de Zeus.
c) Porque os turcos roubaron a estatua de Zeus Olímpico.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 21-05-2016 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
DE CARA ÁS OLIMPÍADAS CLÁSICAS DO SAN NARCISO
Este curso, como cada curso no que coincide co celebración das Olimpíadas imos celebrar tamén nós, no centro, as nosas Olimpíadas nas que imos lembrar como eran as probas na Antiga Grecia e cando, como e por qué se realizaron en Olimpia.

Os alumnos/as de Cultura Clásica imos xogar un papel fundamental na organización e realización desta celebración no San Narciso. Tres son os bloques de contidos que queremos facer chegar ao conxunto do alumnadao dun xeito ou outro, sempre tendo en conta o seu nivel de cara a lograr que sexan coñecedores do significado dos Xogos Olímpicos na Antigüidade. Os bloques de contidos son:

- Localización no espazo e no tempo.
a) Olimpia no mundo e na historia.
b) Cómo era Olimpia.
c) Orixes mitolóxicas dos xogos.
d) Xogos na honra de Zeus.
e) A muller e as Olimpíadas.


- Probas das Olimpíadas antigas.
a)Organización dos Xogos.
b)Probas pedestres(I) e a loita (II).
c)Probas hípicas.

- Significado dos Xogos de Olimpia.
a) O deporte na educación dos gregos: o ximnasio
b)Agón e Niké: O sentido da competición e da vitoria.
c) O espido símbolo da procura da verdade sobre o ser grego.
d) Outros xogos e decadencia dos de Olimpia.

Un par de vídeos para ir situándonos, música e escenografía:

Ελευθερία Αρβανιτάκη - Δυνατά

Este outro é da cerimonia de inauguración das Olimpíadas do 2004 en Atenas, especialmente interesantes a partir do minuto 20 aproximadamente.



información complementaria sobre os xogos
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 02-05-2016 06:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal