VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Casos e declinacións
Puella poetam amat / Puellae poetas amant.
A moza ama ao poeta / as mozas aman ao poeta
Poeta puellam amat / Poetae puellas amant.
O poeta ama a moza/ Os poetas aman as rapazas


Os casos / funcións / preposicións para traducir
NOMINATIVO - Sux ou Atributo
VOCATIVO - chamada
ACUSATIVO - CD (a)
XENITIVO - CN de
DATIVO - CI a, para
ABLATIVO - CC en, por, con,...


Quen cres que se explica mellor coa 1ª declinación?



Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 30-04-2014 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
E se quixese saber latín?




Hai varios métodos para aprender latín on line que seguen os pasos de estudar a estrututra gramatical dun xeito máis clásico como por exemplo:
- latín para hispanoshablantes.

Pero tamén existen métodos máis modernos que seguen os criterios de ensinar, dun xeito práctico, é dicir, falando e construíndo estruturas sobre as que logo imos ir entendendo como funciona a lingua latina, como se dun idioma estranxeiro se tratase:
lingua latina per se illustrata traballa con textos moi sinxelos inicialmente que se van ir complicando a medida que avanzamos no coñecemento da lingua latina.
















CUESTIÓNS:
1-Como se poden pronunciar as vogais en latín?
2-Como se pronuncian en latín atque, quoque, vivus, civis, chorus, villae, Caecilius e Quintus?
3-Lembra as desinencias dos verbos quese utilizan para por exemplo os presentes de indicativo.

4-Ademais de xénero e número que outra categoría na flexión presentan os substantivos, adxectivos e pronomes en latín?

5-Nós en galego e castelán aínda conservamos este tipo de flexión nalgúnhas palabras? Pon exemplos.

6-Imos agora botarlle un ollo ao seguinte mapa do Imperio Romano e logo a ler escoitar e ir traducindo os seguintes enunciados:
















Comentarios (0) - Categoría: LATÍN - Publicado o 23-04-2014 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Edipo Rei

Imos rematar co teatro vendo unha adaptación do neorrealismo italiano da obra de Sófocles Edipo Rei. Trátase da primeira obra da triloxía presentada en Atenas baixo este nome que Pier Paolo Pasolini rodou en 1967 en Marrocos procurando un ambiente que evocase a Tebas mitolóxica. Imos traballar coa Introdución:



CUESTIÓNS
- Por que lle din ao neno recén atopado, os seus pais de Corinto, "os meus peciños inchados"?
- Por que fora abandonado Edipo e con que fin?
- Como comeza Edipo a súa procura de si mesmo?
- Que era unha pitonisa? Onde residía?
- Cal era o nome do rei que viaxaba nun carro que mata nun cruce de camiños?...



As seguintes son xa para o día 10:

Investiguemos sobre as orixes do mito de Edipo de Tebas:

1- Era dunha linaxe maldita, a dos Lábdacos, por que razón?

2- Como logra ser rei de Tebas? que é unha esfinxe? Como logra vencela?

3- Con que casa finalmente Edipo? Como se chama? Ten descendencia?

4- Unha nova peste enche a Tebas de mortos, cal é o motivo? A quen consulta Edipo?

5- Como reacciona ante as palabras do adiviño? Quen pensa que é o culpable da situación nese momento? Que cre que está a pasar?

6- Como vai ir achegándose á verdade sobre a orixe da peste que sofre Tebas?

7- Como remata esta traxedia de Sófocles? Resúme ese final.

Finalmente reflexionemos sobre dous aspectos:

Por unha banda a forza do destino ou o determinismo que transmite esta traxedia de Sófocles. Por outra o complexo de Edipo, en que consiste?

Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 07-04-2014 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal