VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ORGANIZACIÓN DOS XOGOS OLÍMPICOS DA ANTIGÜIDADE.
QUEN ORGANIZABA AS OLIMPÍADAS?
Un Consello Olímpico Helénico era o órgano supremo de carácter aristocrático relacionado orixinalmente coa realeza. No 884 a.C. tres reis (Ifito, Licurgo e Cleóstenes) concluíron un tratado: a Tregua Sagrada, que foi respeitada ao longo dos máis de mil anos de celebracións e en circunstancias moi dramáticas. Este pacto gravado polos habitantes de Élide sobre unha placa de bronce, chamada “disco de Ifito”, estaba exposto no templo de Hera. Para asegurar o cumprimento do mes sagrado (hieromenía) que a cada catro anos prohibía a guerra entre todos os gregos, os organizadores dos Xogos enviaban heraldos especiais, os espondóforos, ás diversas polis gregas.

A TREGUA SAGRADA
1.Interrupción de toda actividade bélica entre as cidades gregas.
2.Prohibición de entrar en Olimpia a toda persoa portadora de armas.
3.Aprazamento de toda sentencia a morte.

OS XUICES DOS GREGOS
O Consello tamén escollía aos helanódicos, é dicir “os xuíces dos gregos”, un órgano executivo que eran os xuíces que supervisaban o desenvolvemento dos xogos dende dez meses antes da Olimpíada ata a coroación dos campións, cando eran apuntados no catálogo oficial do ximnasio. Chegaron a ser nove ou dez. Tres encargábanse do pentatlón, tres da hípica e os demais do resto dos deportes. Era un título inicialmente vitalicio, pero logo escollíanse por sorteo entre cidadáns de reputación intachabel.Vivían dez meses con nomofílakes que lles ensinaban as leis olímpicas. Para logo ser eles quen dividían os atletas en grupos segundo a idade e a súa autoridade chegaba mesmo ata impoñer cuantiosas multas por corrupción.

O Consello Olímpico de Olimpia era un estamento relixioso encargado de controlar o cumprimento dos rituais sagrados e as súas reformas. A súa sede era o Bouleuterio. As prácticas relixiosas eran o eixe central nos primeiros tempos, pouco a pouco foron invertídose os termos e cobrando cada vez maior importancia as competicións. Foise impoñendo unha preponderancia destas pola dimensión política que tiñan as victorias en Olimpia no conxunto das polis gregas alí reunidas.

DENDE TODA GRECIA
As teorías eran as delegacións oficiais de autoridades cargadas de magníficos presentes aos deuses de Olimpia que cada cidade enviaba a Olimpia dende Asia Menor, Sicilia e as colonias do sur de Italia ata as do Exipto ou o norte de África de Chipre ou de Creta. Estas embaixadas habitualmente dedicaba monumentos aos seus campións.
Ademais dos atletas e os seus entrenadores, ademais dos espectadores que acudían de toda Grecia, había tamén outros funcionarios en Olimpia encargados da orde pública e de levar a cabo sacrificios e outras actividades específicas como cociñeiros, heraldos, músicos e ata un médico e un arquitecto.

Normas de selección dos atletas
Para poder participar nos xogos había que ser grego, varón e cidadán libre de moralidade íntegra, quedaban excluídos os estranxeiros, os escravos e en boa medida as mulleres. Os participantes tiñan que pasar un mes na Elis onde entrenados polos xuíces ( helanodikes).
Os xuíces xuzgaban : o carácter, a moral, o vigor, a resistencia física e a preserverancia. Dous días antes do inicio dos xogos dirixíanse da Elis (lugar de entrenamento) á Olimpia para realizar os xogos.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 16-04-2012 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
XOGOS NA HONRA DE ZEUS


A DIMENSIÓN RELIXIOSA DOS XOGOS

Supremo Deus que reinas soberano en Olimpia, Zeus Pai, sé propicio
sempre aos meus cantos... e acolle este triunfal cortexo de coroas...

Píndaro ,Olímpica XIII 24-27


O carácter relixioso que nacera xa de cultos agrarios en Olimpia asentouse o sentido sacro para todos os gregos no momento en que se instaurou a Tregua Sagrada. As Olimpíadas residía na ofrenda en agradecemento a ZEUS como deus donador da forza vital coa que logo ían competir os atletas e desputar a victoria que se pensaba un regalo divino. Arredor de dito ritual, primeiro como algo secundario, logo con maior protagonismo unhas probas deportivas completaban o programa olímpico.
PROGRAMA OLÍMPICO
Os xogos celebrábanse en Olimpia a cada catro anos no primeiro plenilunio, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.
A duración dos xogos variou os máis antigos durarían unha ou dúas xornadas, pero logo os xogos duraron cinco días, seis e ata sete días. Unha Olimpíada podería seguir o seguinte programa:
Primeiro día: Solemne acto relixioso, chegaba a Olimpia a comitiva que partira dous días antes de Elis. Encabezada por sacerdotes e xuíces ademáis das delegacións oficiais e atletas dirixíase cara o Altis a celebrar a primeira cerimonia que consistía no xuramento oficial no Bouleuterion ante a estatua de Zeus. Alí sacrificábase un xabarín, e os atletas, adestradores e helanodikos xuraban que respetarían as regras dos xogos. Inscribíanse aos atletas segundo idade. Finalmente se facían ofrendas nos alteres de Zeus e na tumba de Pélope e os concursos de trompetistas e heraldos, proba de voz e claridade na proximidades do estadio.

Segundo día: Soaba unha trompeta e o heraldo daba o inicio dos certames infantis. Tras dos sorteos para os postos de saída, a primeira proba: stadion, despois a loita libre, o puxilato e o pancracio. Os vencedores recibían palmas de mans dos Helanodikes coas que entraran a primeira hora pola cripta do estadio que estab abarrotado de público.
Terceiro día: Eran un día esperado pola vistosidade das probas hípicas de cabalos e carros que remataban ó mediodía. Pola tarde adicábanse ao pentatlón dos adultos.

Cuarto día: Coincidía coa lúa chea e comezaba co maior sacrificio dos xogos: a hecatombe, na que se inmolaban 100 bois no altar maior de Zeus. Dos animais degolados só se queimaban os muslos. A xornada continuaba con: o stadion, o diaulo, o dólico, a loita libre, o pugilato e o pancracio. Remataban coa carreira hoplita.

Quinto día: Os vencedores das probas coas palmas, reuníanse no templo de Zeus, onde os helanodikes máis vellos coroábanos co cótinos, ramas de oliveira silvestre cortadas segundo costume cun coitelo de ouro e que fora plantada por Heracles e estaba gardada polas ninfas kalistéfanas perto do templo. Colocadas nunha mesa de ouro e marfil na entrada do templo de Zeus. Aos gañadores botábanlles flores e levábanos sobre os ombreiros. Os élides ofrecían aos gañadores unha comida oficial no PRITANEION e pola noite se seguía rendíndo homenaxe aos vencedores entre himnos, cantos e bailes: os Xogos Olímpicos tacaban ao seu fin.





O TEMPLO DE ZEUS O CORAZÓN DE OLIMPIA
Era o templo máis grande do Peloponeso, o máis impoñente de toda Olimpia. Comezouse a construir no 470 a.C.,e rematouse no 456 a. C. a arquiecto foi Livón da Élide, de estilo dórico rodeado de 6 X 13 columnas, utilizando a pedra do río Alfeo, semellante ao material das cunchas, barnzada cunha mesura de mármore e pintura. Sendo de mámore branco os frisos, frontóns e metopas e destacando unha rica ornamentación e estatuaria tanto exterior como no seu interior.




A ESTATUA DE ZEUS
Ou ben o deus descendeu á terra para descubrirche o seu rostro, ou ben ti, Fidias, sibiches ao ceo para velo. Epigrama, Filipo de Tesalónica
Unha famosa estatua de marfil e ouro realizada por Fidias (438 a.C.) e que medía 12,40 metros, considerada unha das 7 marabillas do mundo antigo estaba instalada na naos do templo. Aparecía sosegado e sentado no trono coroado de oliveira e cunha niké(Victoria alada) na palma da man dereita e in cetro cunha águia na outra man, símbolo do seu poder. Contan que Fidias rogou a Zeus que lle dera unha proba de que estaba satisfeito e un raio caeu sen destruir nada, pero séculos máis tarde Calígula, o emperador, quixo trasladala a Roma e o barco que mandou afundiuse no medio dunha treboada. A estatua desapareceu despois de ser levada a Constantinopla no 395 d.C. e incendiarse cara o ano 475 da nosa era.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 13-04-2012 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS OLÍMPICOS
As leis de Zeus leváronme a cantar a competición extraordinaria que, perto do antigo sepulcro de Pélope, instituíu Heracles, erguendo seis altares... Alí mediu un bosque divino , que consagrou ao seu pai supremo. Poñendo un valo ao seu redor, delimitou o Altis nun claro, e destinou a zona do arredor ao ocio do banquete vespertino, honrando así á corrente do Alfeo entre os doce deuses soberáns. (Píndaro I, 10 25-51).



Cando a sona dos santuarios sobrepasaba os límites locais, críase entón que os templos e os xogos que eran parte dos ritos relixiosos foran fundados por deuses ou heroes. Numerosas e moi variadas son as tradicións sobre a fundación dos Xogos en Olimpia, froito da historia dos seus habitantes e das distintas crenzas que alí se asentaron. Nunha primeira etapa, a mediterránea, na que Xea, a Terra-Nai é obxecto de culto á fertilidade, un fillo seu, Sosípolis, sería o elemento masculino, que logo na época micénica se asocia ao culto a Pélope, heroe que daría nome á península onde se atopa Olimpia e fundaría alí xogos para expiar a morte do seu sogro. A partir do século XII a.C. as innovacións culturais gregas deron paso ao culto a Zeus e o seu fillo Heracles será o fundador dos Xogos na honra do seu pai, donador da forza vital.

ANTES DAS OLIMPÍADAS

OLIMPIA E A MITOLOXÍA MEDITERRÁNEA
“No chamado Xeion, hai un altar da deusa Xea, feito tamén con cinsas...” conta Pausanias ao describir a súa visita a Olimpia no ano 174 d. C., ano no que se seguían celebrando carreiras rituais femininas en honor da deusa Terra-Nai.

CARREIRAS PRE-OLÍMPICAS
Endimión, rei de Elis, celebrou unha carreira entre os seus fillos para deixar ao vencedor o reino.

PÉLOPE E HIPODAMIA
Enómao, rei de Pisa, recibira un vaticinio polo cal sería asasinado polo seu xenro. Por esta razón, só ofrecería a man da súa filla Hipodamía a aquel que lle gañase nunha carreira de carros (tiña uns cabalos divinos regalo do seu pai o deus Ares). Pélope, fillo de Tántalo, gañou grazas a que Hipodamia namorárase del e procurou que o eixe do carro do seu pai rachase, facendo que este morrera ao caer do carro. Fundouse un lugar chamado Pelopeion onde se realizarían os primeiros xogos na honra de Pélope.

AS OLIMPÍADAS NA HONRA DE ZEUS.

HERACLES, FUNDADOR DOS XOGOS.
Heracles fillo de Zeus e a mortal Alcmena (tamén coñecido polo nome de Hércules) foi mandado por Euristeo a limpar o esterco que enchía as cuadras do rei da Élide, Auxias. Hércules pediu a Auxias unha parte dos seus rabaños e a cambio prometeu limpar o esterco nun día. Hércules tras rematar reclamou o acordado, pero Auxias negouse; entón Hércules comezou unha campaña na súa contra e matou a Auxias. Foi cando erixíu en Olimpia altares en honra do seu pai Zeus e foron fundados os Xogos Olímpicos.




Óxilo, rei de Elis, tras dar paso aos descendentes de Heracles no Peloponeso, restaurou os Xogos instaurados polo fillo de Zeus en Olimpia.

OUTROS MITOS LOCAIS: Cronos tiña un templo en Olimpia, os “basiles“ facían cada ano un sacrificio no lugar onde se enforntara co seu fillo Zeus. Tamén alí outros deuses competirían posteriormente entre eles: Apolo vencería a Ares en puxilato e nunha carreira a Hermes.


OUTRA VERSIÓN E OUTRO HERACLES
Dos tempos de Cronos cinco irmáns os Ideos ou Curetes, que ocultaran na súa nenez a Zeus no monte Ida en Creta, chegaron a Olimpia e para divertir a Zeus, o maior deles, Heracles, pideu ós seus irmáns que competisen nunha carreira de velocidade. Coroou ao gañador de aquel xogo cun ramo de“kotinos”(oliveira salvaxe). Os Xogos Olímpicos naceron nos tempos posteriores ao tempo de Cronos e Heracles Ideos chamou a eses xogos Olimpios e decidiu que se celebraran cada 5 anos, tantos como irmáns eran.


A TREGUA SAGRADA: Ífito, rei de Elis, consultou o Oráculo de Delfos para que lle dese unha solución aos problemas que axexaban á rexión ao que lle contestou: “deberedes renovar o festival olímpico” . Ífito foi quen renovou os xogos establecendo por vez primeira cos reis de Pisa e Esparta unha tregua de paz para celebrar os certames cara o ano 884 a.C. comezando o período histórico das Olimpíadas.Ífito era fillo de Éurito, rei de Ecalia, Ífito foi un dos grandes argonautas que firmou, con Licurgo e Cleóstenes, a primeira Tregua Sagrada. Era anunciada polos Espondoforos ante de cada Olimpíada.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 11-04-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal