VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DECADENCIA DOS XOGOS EN OLIMPIA
OS MACEDONIOS E O PERÍODO HELENÍSTICO

Tras grandes períodos de apoxeo sitúase nos s.VIII ao V a.C o declinar da sociedade grega, a partir do período helenístico IV a.C. comeza a decadencia. Aínda que os poderosos reis macedonios Filipo II e Alexandro Magno edificaron en Olimpia o Filipeo e axudaron ao Santuario e aos xogos. Houbo ocasións en que a tregua sagrada non foi respeitada(ano 388 a.C.), varios osn os casos de violación das normas deportivas. Outro signo da profesionalización das probas atléticas foi a construcción dun novo estadio fóra do Altis. Todo evidencia a perda de relevancia do seu carácter relixioso e a tendencia dos gobernantes a utilizar o enclave sagrado como manifestación das súas ambicións. O esplendor dos Xogos foise apagando trala morte de Alexandro Magno.

GRECIA E OS XOGOS BAIXO O PODER DE ROMA
Grecia foi sometida polos romanos a partir do 146 a. C. e foilles recoñecido o dereito de participar nos Xogos Olímpicos aos cidadáns romanos e a cada vez máis nacionalidades non gregas, pero os xogos seguiron facéndose cun carácter internacional. de todos os países do Imperio Romano chegaban a Olimpia.
Unha gran insolencia foi a de Sila que saqueou o Santuario de Olimpia e festexou a súa victoria sobre os Mitríades obrigando aos atletas a competir na Olimpíada 175 ª en Roma (80 a.C.), transladando alí as Olimpíadas. Coa chegada dos emperadores volveuse a mirada cara Olimpia. Octavio Augusto reconstruíu o santuario.
Na época do emperador filohelénico Adriano, o santuario renaceu de novo. Pero dende o s.III d.C. o seu brillo
A figura romana do gladiador pouco tiña xa que ver co antigo atleta da Grecia arcaica de orixe aristocrática, o atleta romano podería ser un esclavo adestrado expresamente polo seu amo, que era ademais co nome que competía como atleta.

NERÓN NOS XOGOS OLÍMPICOS
Nerón era aficionado ás carreiras de cuadrigas e certames poéticos, musicais e teatrais. Organizou e engadiu outras competicións buscando a súa auto exeltación en Olimpia. Retrasou dous anos os Xogos Olímpicos para poder estar neles e guiou un carro tirado por dez cabalos, pero non puido dominalo e desistiu antes de rematar a carreira. O seu regreso de Grecia entrou en Nápoles, Ancio, Albano e Roma, nunha carroza tirada por cabalos brancos a través dunha brecha aberta nas murallas. Vestía un traxe púrpura e levaba na cabeza a coroa olímpica.

O FINAL DOS XOGOS
Os Xogos Olímpicos achéganse ao seu fin no momento en que se deixan de inscribir aos vencedores no ano 267 d.C. Axiña veu a prohibición das Olimpíadas tras a celebración da 293ª Olimpíada (393 de. C.). Duraran 1168 longos anos.

No 394 d.C. Teodosio o Grande decretaba a prohibición e ao ano seguinte a estatua de Zeus de ouro e marfil foi levada a Constantinopla. Olimpia terminou despoboándose.


Sobre os restos do Santuario ensañouse o afán destrutor do fanatismo cristián ( no ano 426 d.C. ordenouse queimar) e uns terribles terremotos completaron a destrución. Os desprendementos da colina de Crono e as inundacións dos ríos Álfeo e Cladeo cubrírona de terra facendo desaparecer as ruínas. Co paso do tempo Olimpia cambiou mesmo de nome, primeiro Servíana e logo Antilalo.


O DECLIVE INEVITABLE
O factor principal do declive foi a desaparición paulatina do vinculo relixión – deporte, pero tamén os honores sociais e as prestacións económicas das que gozaban os gañadores. A institución recibiu o golpe mais duro polo comportamento humillante de emperadores como Nerón.



AS EXCAVACIÓNS

En 1829 realizáronse algunhas excavacións no templo de Zeus e na Igrexa Bizantina. Os achádegos consérvanse no Museo do Louvre. Nas primeiras excavacións atopáronse, edificios do Santuario, estatuas, moedas, inscricións, obxectos de barro, de ouro e de bronce. As excavacións continuaron, así coma reconscruccións da Cripta e do templo de Hera. De 1958 a 1961 rematáronse as excavacións que dan lugar ao actual Museo de Olimpia.

Comentarios (1) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
OS OUTROS XOGOS NA ANTIGA GRECIA .
O carácter panhelénico dos xogos.
Os xogos de Olimpia foron os máis importantes, pero non foron os primeiros realizados en territorio heleno, tampouco eran os únicos. Cada cidade tiña os seus propios xogos que se celebraban en todas as rexións colonizadas polos gregos ao longo do Mediterráneo. O espíritu competitivo era unha das características da cidadanía da polis da Grecia arcaica, signo distintivo da aristocracia e un tanto elitista. Ademáis dos Olímpicos só había outros tres grandes xogos de carácter Panhelénico, é dicir, que convocaran a todos os gregos: os Píticos, os Istmicos e os Nemeos.
As especialidades deportivas compúñanse de tres grandes tipos de competicións : ecuestres, atléticas e musicais. Pero nestes xogos houbo tamén competicións teatrais, o teatro era outro dos elementos culturais máis representativos da civilización grega que curiosamente non parece estar presente en Olimpia.

OS PITIOS EN DELFOS
Naceron no 582 a.C. aínda que se dicía foran fundados polo deus Apolo en lembranza da matanza da serpe Pitón. Eran celebrados a cada catro anos no ano anterior ao olímpico. Os vencedores obtiñan unha coroa de loureiro, árbore do deus da lira. Por iso nun primeiro momento só se celebraron concursos de música e canto, peor axiña engadironse probas atléticas e hípicas.

OS ÍSTMICOS EN CORINTO
Realizáronse a cada catro anos dende o 582 a.C. os xogos ístmicos en Corinto adicados a Poseidón. A súa fundación atribuíaselle a Teseo. Os vencedores das probas nas que se incluían, ademáis das usuais, as naúticas era unha coroa de pino.

OS NEMEOS
Celebráronse por vez primeira no ano 576 a.C. en Nemea (na rexiónn do Peloponeso da Argólide), que en conmemoración da victoria deHeracles sobre un temible león e en honra do seu pai Zeus. Celebrábanse tamén nos veráns no segundo e cuarto ano de cada período olímpico. Os vencedores dos concursos atléticos, hípicos ou artísticos recibían unha coroa de mirto ou apio silvestre.

AS PANATENAICAS DE ATENAS
En honra de Atenas, deusa que dá nome a cidade foron fundadas porlo tirano Pisístrato no 568 a.C. e potenciadas co goberno democrático de Pericles un século despois. Fastuosas procesións e premios en metálico nas carreiras no estadio, ademáis das carreiras de cuadrigas e de fachos fan especialmente significativas ditas celebracións.
Outros Xogos de carácter máis local, pero de gran repercusión tiñan lugar en Epidauro, Megara, Platea, Exina e Atenas.

UNHA ANÉCDOTA DOS HIPÓDROMOS
Taráxipo, deus que espanta aos cabalos cuxo altar estaba no hipódromo xunto a nisa oriental que había en Olimpia daba máis temor que os de Istmia ou Nemea, que pode ser un epíteto de Poseidón Hipio. En Delfos no ano 462 aC. correron 41 carros dos que só un chegou a meta, o do rei de Cilene.

Curiosa entrada para saber máis
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
A MULLER E OLIMPIA
Olimpia era na súa orixe un lugar onde se veneraban deidades femininas. A principal deusa era Xea, a deusa Terra. Pero co cambio da sociedade matriarcal á sociedade patriarcal o lugar pasou a estar baixo a protección de Zeus e ó culto a Xea dirixiuse a outras deusas, sobre todo a Hera. Podería dicirse que a orixe dos xogos olímpicos está íntimamente ligada a este tipo de cultos agrarios da fertilidade e que presentan xa o símbolo atlético como valor cultural en honor da deusa Terra-Nai.



As mulleres eran excluídas dos Xogos Olímpicos non só como participantes, senón tamén como espectadoras. Durante a celebración dos xogos, incluso lles estaba prohibido traspasar as fronteiras naturais de Olimpia, os ríos Alfeo e Cladeo, pero podían presenciar os xogos doutros lugares de Grecia, como en Esparta ou Delfos.
Pero había unha excepción: a sacerdotisa de Deméter, a cal podía presenciar os xogos debido ó antigo culto a deidades femininas que se facía en Olimpia.

Os Heraios ou Hereas eran unhas carreiras de velocidade en honor da deusa Hera, anteriores e independientes aos Olímpicos, que tiñan lugar cada catro anos. Estes xogos, segundo a tradición, foron organizados por Hipodamia para render homenaxe a Hera, deusa dos casamentos, polo seu matrimonio con Pélope.

A organización do Heraios corría a cargo de 16 mulleres de nobres familias da Élide, que eran as xuíces dos mesmos. Elas tecían o velo da deusa, deposítabano no seu templo e organizaban unha carreira de velocidade na que participaban mulleres vírxes. Esta carreira equivalía a uns 5/6 do estadio (160 metros).
A gañadora recibía algo da forza de Hera ao comer do animal que sacrificaban na honra da deidade e ó ser coroada cun ramo de oliveira salvaxe.

A muller (koré) que participaba nos Heraios tiña o pelo solto ata os ombros e levaba unha túnica corta por encima do xeonllo que deixaba o seu ombro dereito ó descuberto. Corrían divididas en tres categorías segundo a idade.


A pesar de estar excluídas dos xogos, as mulleres podían participar nas competicións hípicas por medio dos seus aurigas e cabalos, pois nestas carreiras o vencedor non era o xinete, senón o propietario da besta. Por exemplo, Cinisca, filla do rei de Esparta Axesilao II, que gañou en dous ocasións, ou Belistikie, a cal estaba baixo a protección do rei grego de Exipto.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
O ESPIDO NAS OLIMPÍADAS
A harmonía do corpo atlético pon de manifesto a orde do Kosmos (a Natureza que os deuses ordenaron) fronte ao Chaos ( a Natureza sen orde). Para os gregos, o ser é físico e non existen outras realidades. A través do nu resáltase o divino que hai nos seres humanos. Esta é unha das claves para entender a complexidade cultural que latexa na celebración das Olimpíadas na Grecia Antiga.


ATLETAS ESPIDOS NAS OFRENDAS AOS DEUSES
Os atletas competiron espidos por unha reflexión filosófica que apareceu por vez primeira no mundo grego que relacionaba a nudez coa moral. Os gregos vían o corpo humano con respeito e veneración, considerábano encarnación de dous conceptos: o do atleta e o do heroe. Esta dimensión heroica reflíctese na arte grega dun xeito prodixioso.


OS ESPARTANOS PUXÉRONO DE MODA
Ao principio, os atletas levaban unha especie de taparrabos nalgunhas competicións. Os espartanos foron os primeiros en impoñer a nudez dos atletas. Segundo Pausanias, o primeiro corredor que competiu nu en Olimpia foi Orsipo de Mégara. No trancurso da carreira caéuselle o taparrabos, pero el continuou e chegou primeiro á meta. Segundo o mesmo autor, o atleta fíxoo adrede para correr máis libremente. En Esparta mesmo as mulleres practicaban o atletismo e facíano tamén espidas.
No comezo o nu completo só estaba vinculado a algúns deportes coma as carreiras pedrestes, pero posteriormente estendeuse a outras competicións.


UNHA MULLER NAS CARREIRAS!
A muller que violara a prohibición de presenciar os xogos estaba condenada a ser arroxada dende o alto do monte Tipaión. Ferenice (ou Calipátira), filla de Diágoras, veu dende Rodas a Olimpia co seu fillo Pisirodo que ía participar nas competicións de adolescentes. Vestiu a túnica dos adestradores e entrou no estadio. Cando viu o triunfo do seu fillo achegouse cara a el. Pero ao saltar á pista a súa túnica caeu e púxose de manifesto o seu sexo. Sen embargo foi perdoada por pertencer a unha familia con éxito nas Olimpíadas. A partir dese momento tanto os atletas coma os adestradores debían entrar espidos durante os xogos.






EXPRESIÓN INTEGRAL DO SER GREGO
O home concebido como ente activo no campo das ideas e das ciencias aplicadas debía brillar en toda situación competitiva, tanto na súa situación social e profesional, como no seu corpo, entendido como o vehículo máis idóneo da súa mente e ao cal chegou atribuírlle un verdadeiro culto. O seu afán de superación simbolizado nas competicións, como un compendio de valores relixiosos e político-culturais, tiña tamén a súa expresión na nudez do atleta, amosando a perfección do seu corpo no estadio.




Bótalle unha ollada a este vídeo e se queres afondar vai a este outro enlace: elartevivido

Escultura Griega - motion graphics from Marcelo Chastinet on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 23-04-2012 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
AGÓN e NIKÉ NAS OLIMPÍADAS DA GRECIA ANTIGA
O ESPÍRITU COMPETITIVO,LUCTOR ET EMERGO
O espíritu do agón, o gusto pola superación levaba a competir pola gloria que conlevaba, primeiro un esforzo e mellora das capacidades propias, e pode chegar á victoria que será o orgullo a demostración palpabel do valor para a familia e a polis. Nas últimas olimpíadas pouco importaba xa o lugar de nacemento dos que competían. Atendíase máis ao virtuosismo dun atleta profesional. A gloria da victoria, xa non era tal, quedara orfa en valores e por iso os xogos entrarían en crise. O grego non competía por diñeiro senon polo espíritu de superación, achegarse á perfección corporal que nos mellores momentos das Olimpíadas tamén se sinte como espiritual, por iso o deporte é tamén un ritual relixioso e sagrado de achegarse aos deuses, seres vertebradores da natureza perfecta. Tamén por iso na festa é onde mellor se manifesta este espíritu de superación.

A VITORIA (NIKÉ).
A vitoria non é máis que unha constatación cun alto valor simbólico dese espíritu de superación e das dimensións relixiosas e políticas que os Xogos Olímpicos encerran. Unha coroa de oliveira e a gloria de ser recordado por todos os gregos, gloria compartida pola linaxe e a polis do vencedor. Moitos vencedores son recibidos polos seus concidadáns destruíndo parte das murallas defensivas, todo un símbolo, e grandes honras, erguendo estatuas e adicándolle himnos ( unhas e outros non representan o particular senón o modelo da perfección desexable para un pobo que coñecía o sufrimento e buscaba a felicidade.
O afán de superación das diversas cidades estado e rivalidade exacerbada, lonxe de crear sentimentos de paz e solidariedade entre os gregos, conduciu a unha profesionalización progresiva dos deportistas que foi o único que permaneceu do antigo espíritu olímpico unha vez que perderon a súa independencia. Os premios en metálico exencións de tributos, honores e alimentación a expensas públicas que as cidades concedína aos seus vencedores coaxudaron á xa citada profesionalización e perda dos valores da competición deportiva arcaica e aristocrática, como denuncian xa no século IV a. C. filosofos como Platón ou Xenofonte “ un perigo cultivar o corpo con menosprecio do espíritu”. Había xa unha “raza de atletas” como dicía Eurípides que se adicaban de por vida ao deporte, de competición en competición, e cando envellecían pasaban a ser masaxistas ou adestradores de novos atletas.




A NIKÉ DE PEONIO
Diante do templo de Zeus de Olimpia o escultor Peonio ergueu cara o ano 425 a. C. por encargo dos Mesenios e Naupactios unha personificación da Victoria coa palma que se entregaba aos vencedores na man.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 23-04-2012 06:35
# Ligazón permanente a este artigo
O XIMNASIO
OS XIMNASIOS
A palabra ximnasio deriva do grego antigo gimnós (espido). Os gimnasia eran edificios públicos que nunca faltaban nunha polis grega. Unha parte sustancial do seu sentido de entender a cidadanía, unha das manifestacións máis significativas da súa cultura era o cultivo do corpo.Nestes lugares pasaban a maior parte do tempo adolescentes, xóvenes, filósofos, oradores, etc.
A palabra gimnasio identifícase coa palabra colexio polos valores educativos que a palestra e o ximnasio encerraban para todo grego. A formación completa estaba baseada no intelectual, no físico e no musical. A preparación militar e para a caza eran actividades colectivas de gran interese para as cidades. Nos xogos se exaltaban aos vencedores dunha polis como verdadeiros heroes para a cidadanía. A valentía e virtude á vez, o orgullo e nobreza, eran a “areté” un deses valores cultivados a carón do vigor físico que aparecían indisolubles na mente da Grecia Arcaica, tamén intimamente ligados ao carácter ritual e relixioso co que se entregaban á preparar as competicións, o agón.
Os mozos ían cun gorriño de pel para protexerse do sol e espidos untados en aceite e logo en area e pó, formando unha costra da que logo do exercicio, se desfacían rascando a pel cun instrumento chamado estríxilo antes de darse un baño.
O termo Líkio (Liceo) era o nome dun ximnasio de Atenas adicado a Liceo, Academia era o nome doutro ximnasio ateniense dedicado ó heroe Acádemo. Na Grecia antiga o ideal era “mente san en corpo san”.

A ALIMENTACIÓN DOS ATLETAS
Nos primeiros séculos, os atletas non facían entrenamentos. A súa dieta consistía en pan, queixo, leite, aceitunas, aceite, verdura, fruta, carne e peixe. Dende o século V a.C. empezaron a seguir unha dieta especial. Houbo un gran cambio de peso e forza nos atletas.Entrenábanse durante máis horas. A súa vida baseábase: entrenamento, alimentación e descanso. O termino “menciña deportiva”, é a participación activa da menciña no atletismo.
Galeno o médico grego advertía os atentados á saúde que supoñían dietas anormais dos atletas na súa ardua carreira cara a profesionalización.




O SIGNIFICADO DOS XOGOS NA ANTIGÜIDADE
A DIMENSIÓN PATRIÓTICA DERIVADA DA CIDADE ESTADO
As Olimpíadas, que naceron das rivalidades entre Elis e Pisa, logrará o seu apoxeo alimentándose desa rivalidade crecente entre cada vez máis e máis cidades estado. As competicións deportivas como todos os festivais de Grecia eran un dos medios máis importantes que cada polis tiña para espertar o espíritu nacional, o seu amor pola patria. Proliferaban os concursos de todo tipo tanto de teatro, como de deporte no momento de maior vigor económico das polis helenas, froito do comercio, do uso da moeda, das novas colonias ao longo e ancho do Mediterráneo. Os xogos eran o lugar preciso para que aristócratas, reis e tiranos puidesen facer visible o seu poder e gloria ante toda Grecia . Así as épocas de esplendor das Olimpíadas coinciden con momentos como as guerras contra os Persas nos que exhortan mesmo á unión dos gregos fronte a un inimigo común.




Precisamente nas Guerras Médicas, un xeneral persa ao saber cal era a recompensa das competicións dixo: “Ai Mardonio, trouxechesnos aquí para loitar contra homes que non compiten por riquezas, senón pola virtude” (Herodoto VIII,26)
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 19-04-2012 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
AS PROBAS HÍPICAS EN OLIMPIA
O HIPÓDROMO
En Olimpia atopábase cara o sur do Estadio, hoxe non queda rastro del porque foi arrasado pola crecida do río Alfeo. Sería de forma elíptica, seis veces maior có estadio. Tiña 600m. de longo por 200m. de ancho de terra cha e cos terrapléns, septentrional e meridional, destinados a acomodar aos espectadores, onde habería unha tribuna situada fronte a meta para xuíces e/ou as personalidades. Fronte alzábase unha estatua de Hipodamía cinguindo a cinta de vencedor a Pélope. Dúas columnas separadas a uns 400 m., cun muriño de pedra que marcaba o eixe lonxitudinal,arredor das cales xiraban un importante número de carros(uns 40). Unha volta equivalía a uns 780 m., é dicir, 4 estadios.
No Hipódromo tiñan lugar as probas máis aristocráticas dos xogos, un signo claro da progresiva exhibición de poder e riqueza que nos xogos facían os tiranos, reis e membros de familias ilustres e os seus carros de dúas rodas e catro radios moi pintados e vistosamente adornados. O auriga non recibía a coroa do premio, tan só unha cinta de lá que cinguía na fronte, era o dono dos cabalos que ás veces era unha polis (cidade-estado), un tirano, un neno ou mesmo unha muller quen eran considerados os vencedores.


O sistema de saída de carros e de cabalos en forma triangular regrado con cordas estaba deseñada para compensar aos que ocupaban os lados exteriores,
dado que a maior dificultade era sobrepasar o punto de volta chamdo “nisa”, onde había numerosos accidentes.



CARREIRAS DE CARROS
As carreiras de carros empezaban co Téthripon,(cuádriga de cabalos de 5 ou seis anos), a máis antiga datada xa na XXV Olimpíada (680 a.C.). Os cabalos máis fortes e veloces colocábanse á dereita para coller mellor as curvas que cadraban á esquerda e ían guiados por un auriga. Daba 12 voltas ao hipódromo, uns 14 km. No ano 500 a.C. introducíuse a carreira “apene” carreira de carro tirado por dous mulos, que desaparecerá axiña no 444 a.C. substituída pouco despois pola sinorís, carreira de 9 km. de carros tirados por dous cabalos. A cuádriga de poldros apareceu no 384 a.C. e logo a sinorís no 268 a.C. daban tres voltas ao hipódromo.




AS CARREIRAS DE CABALOS.

As carreiras de adultos aparecen no 648 a.C. e o xinete tiña que dar 6 voltas ao hipódromo. Na 131ª Olimpíada (256 a.C.)compiten poldros. Do 496 ata o 444 a.C. realizouse o calpe, unha proba realizada sobre égoas na que a derradeira volta o xinete ía a pé, suxeitando polas bridas a súa montura ata a meta. Os animais non levaban ferraduras, montaban a pelo e sen estribos, aínda que ás veces usaban esporas e látigo.
Pero o trato que se lles daba aos cabalos era bo, mesmo se lles daba sepultura en fermosas tumbas e se lles gardaba memoria, como é o caso da égoa Aurora de Fidola de Corinto, que a pesar de tirar ao xinete continuou soa ata a meta e obtivo a vitoria.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 19-04-2012 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
AS PROBAS XIMNÁSTICAS NA ANTIGA GRECIA: A LOITA
...cruxía o seu lombo, duramente presas polos fortes brazos. Suaban os corpos. Cruentos cardeais ...pintaban costados e lombos. Os dous desexaban furiosos lograr a vitoria e alcanzar con ela o fermoso trípode. Pero nin Odiseo derribaba a Aiax, nin este ao seu inimigo poderoso e forte. A loita seguía..."( Homero, Ilíada )



A descrición homérica sitúa a loita como competición en tempos preolímpicos. O combate entre Odiseo e Aiax, que rematou nulo, algo parecido a nosa loita libre. Na mitoloxía atopamos un elevado número de heroes que tomaron parte en combates de loita, pero a primeira descrición detallada achámola na Ilíada de Homero onde tamén narra un combate a puñetazos, algo similar ó noso boxeo.
A afección dos gregos á práctica de ámbalas disciplinas rematou por impoñelas nos Xogos Olímpicos.

A LOITA
A loita (palé en grego, de onde vén palestra) é o deporte máis antigo e popular no mundo enteiro por constituir a primeira forma de combate sen armas.
As escenas de loita dos heroes gregos contra os seus salvaxes adversarios, constituiu a forma máis clara de representar o enfrontamento da civilización e do espírito contra a barbarie.

Segundo certa versión, a loita foi inventada pola filla de Hermes, Palestra, para a alegría de toda a terra.
Segundo outros, foi Perseo cando se enfrentou a Cerción quen a inventou, e incluso á deusa Atenea, segundo outros, aparece como inventora deste deporte e das regras que o regulan.
Ademais da popularidade da loita entre a xente sinxela, tamén era deporte favorito entre os grandes personaxes. Platón, asegura que a loita exercita todo o corpo, outorgándolle elasticidade e beleza, e Plutarco sostén que a vitoria dos tebanos sobre os espartanos debeuse á habilidade de aqueles para este deporte. Algúns chegan ao extremo de definilo como unha combinación de arte e ciencia.

Na Grecia antiga existían dous tipos de loita:
a) horcía palé. Loita na area. O seu obxectivo era simplemente derribar ao adversario. Era a forma de loita máis popular e, por iso, incluíase no programa dos xogos, como parte do pentatlón.
b) kato palé. Loita na lama. O seu obxectivo era a rendición do contrario. Este deporte parecíase ao pancracio, no sentido de que os contrincantes continuaban o combate mesmo cando xa caíran ao chan, pero diferenciábase en que no kato palé estaban prohibidos os golpes e só se aplicaban chaves.

Quen contra quen?
As parellas decidíanse por sorteo. Os Helanodikes botaban nun xarrón de prata uns anacos de madeira de tamaño dunha xudía, en cada un dos cales estaba gravada unha letra. Había tantas letras como atletas participantes. Antes de que cada atleta collera unha das pezas de madeira, aproximábase á mesa onde estaba o xarrón e dirixía unha breve oración a Zeus. Enfrontábanse entre sí os que encontraran a mesma letra.

Seleccionábanse cinco parellas de atletas como mínimo e oito como máximo. Cando o número de atletas era impar, un deles tiña que pasar ao segundo turno, sen loitar. Era o chamado éfedros. A efedría concedíalle a vantaxe de combatir máis descansado. Por isto, nalgunhas inscricións, os atletas fan unha referencia especial ao feito de gañar cótino competindo en todas as probas.

Nestes deportes duros non se facía ningunha parada no transcurso das probas; pero en raras ocasións algún combatinte solicitou unha pausa para descansar e restañar as feridas.

Como competían
As chaves e técnicas que empregaban eran múltiples e recibían diversos nomes. As máis frecuentes eran as chaves no pescozo, na cintura, e tamén outra cos brazos e pulsos.
Os atletas competían co corpo cuberto de aceite e area. O aceite impedía que penetrasen nos poros o po e a area. A area que se botaban sobre o corpo untado de aceite axudaba a que non esvarasen as mans dos loitadores.

Ao final, quitábanse esta capa de aceite e po cunha raedera, o estrínxilo, instrumento alongado e curvo por un dos extremos que formaba parte indispensable do equipo atlético.

Para que alguén se proclamase vencedor na horcía pale, tiña que derribar ao adversario tres veces, ou obrigarlle á "apagoreuein" (rendición). Considerábase caída cando calquera parte do corpo tocaba o chan. Se os loitadores caían ao mesmo tempo, non se tiña en conta. O atleta esgotado tiña o dereito de aceptar a súa derrota e levantaba o dedo índice.

Se o resultado do combate era dubidoso, ofrecíase a coroa a Zeus.

Tamén a loita tiña as súas normas, que debían respeitar os contrincantes. Estaban prohibidos os golpes e as chaves en órganos xenitais, os trabazos e a pelexa fóra dos límites do cuadrilátero. Cando traspasaban ditos límites, os xuíces interrompían o combate. Tamén estaba prohibido suxeitar as pernas, pero se podían entrelazar coas do adversario para derribalo.
Aínda que non cabe dúbida de que a loita era unha competición moi dura, só se sabe dunha única vítima mortal, no 484 a. C., cando ao saltar, un loitador rompeu o pescozo.
O recinto onde se levaba a cabo a horcía palé denominábase skama, un cuadrilátero, que estaba excavado e recuberto de area. O segundo tipo de loita tiña lugar nun terreo humedecido ata o extremo de converterse en barro.


"...apenas catro anos despois de adicarte á loita, xa ninguén no pobo te recoñece, ata os cans te miran coma un estraño. Se viras o teu semblante no espello, tamén ti xurarías “de veras,ese non pode ser Estratofón”...




O PUXILATO

A pigme (puxilato) é un dos deportes que, apareceron na prehistoria. Polos achados arqueolóxicos sabemos que este deporte gozaba de gran popularidade entre os habitantes de Creta e das Cíclades, e que os loitadores levaban non só guantes, senón tamén cascos protectores para evitar os golpes na cabeza. Na Grecia antiga é Homero quen o menciona por primeira vez, onde conta que Epio gañou a Evríalo.
Como inventores deste deporte dítanse a varios deuses, como Heracles, Teseo, Apolo. Pero a pesares da súa longa historia, empezou a formar parte das probas dos Xogos Olímpicos no 688 a. C. O primeiro vencedor foi Onomastós de Esmirna, quen fixou, ademais , as normas deste deporte.
Dise que os púxiles cubríanse as mans con finas tiras de pel de boi, coa fin de protexer as articulacións dos dedos e dos pulsos, e tamén para suavizar os golpes. A lonxitude destes "malakoí imantes" (tiras brandas), oscilaba entre tres e tres metros e medio.
Estas tiras brandas utilizáronse ata finais do século V a. C., época en que foron sustituídas por outras que se chamaban "sfaires" (esferas). A finais do século lV a. C., este tipo de tiras foi sustituído por luvas de puxilato, os oxeis, reforzados nas articulacións dos dedos con coiro duro. As xemas dos dedos quedaban ó descuberto, e chegaban ata a metade do antebrazo, onde remataban nunha grosa capa de la. Estes "imantes" empregáronse en Grecia ata o século ll d. C.
En época romana inventouse o caestus, luva reforzada con ferro e chumbo, e, en ocasións, cravos, nas articulacións dos dedos.
Se observámola evolución, comprendémolos cambios na técnica do deporte, e tamén a evolución do deporte en xeral. Na descrición máis antiga dun combate de puxilato, Epios vence ó seu adversario cun forte golpe na cara, derribándoo ó chán, pero apresúrase a levantalo, o que vén a expresar o espírito deportivo que reinaba entón.
Naquela época, o puxilato esixía axilidade, destreza e intelixencia: en resumidas contas, arte. Coa aparición dos oxeis imantes, os golpes adquiriron maior dureza e os combates perderon en técnica pero fixéronse máis defensivos e violentos. O que revestía maior importancia era a constitución física, non a intelixencia. É característico o casco, capaz de evitar golpes dos adversarios durante días enteiros. Nesta época na que o puxilato se masifica, os espectadores, olvidados xa dos ideais dos heroes mitolóxicos, o único que desexan é violencia.
A medida que as luvas evolucionan, aumentou o múmero de accidentes, en ocasións mortais. O máis frecuente: caras desfiguradas, sobretodo o nariz, os dentes e as orellas, polo que estes deportistas eran con frecuencia obxecto de burla dos poetas satíricos.
Os púxiles entrenábanse máis ou menos coma hoxe en día. Cubríanse sempre as orellas coas epotides. Moitas veces entrenaban loitando amarrados só por un extremo das mans, exercicio coñecido acroquiriasmós. Cando non tiñan adversario para o adestramento, os púxiles realizaban un exercicio como se o tivesen enfronte. Noutras ocasións, empregaban ó córix, que colgado do teito chegáballes á altura dos ombreiros. Co córix adestraban diferentes tipos de golpes,
Tamén adestraban con levantamento de pesas. En Olimpia encontrouse unha lousa de 143’50 kg que leva unha inscripción en orgullo do atleta Bibon por tela levantado por riba da cabeza cunha soa mán.
O adestramento era semellante ó dos actuais, os combates propiamente ditos eran moi distintos. Na antigüidade, non se levaban a cabo nun espazo delimitado por cordas, o que reduciría a capacidade de movemento dos atletas e contribuiría a que un dos adversarios propinara golpes definitivos ó outro. Tampouco había un tempo determinado, remataba cando un dos contrincantes caía sen sentido ou cando se rendía. Ó final da xornada se ninguén se proclamara vencedor podía aplicarse o clímax, sistema segundo o cal os púxiles recibían golpes sucesivamente e sen poder defenderse. Alcanzaba a vitoria o que era capaz de resistir máis golpes. Decidíase por sorteo quén asestaría o primeiro golpe. O clímax era un sistema moi duro, só se aplicaba en casos excepcionáis, non había pausas, aínda que se di que o árbitro, podía interrompir o combate para recuperar forzas e curar as feridas.
Resulta impresionante que os púxiles se dividiran en categorías segundo a idade, pero non segundo o peso. As parellas de adversarios elixíanse por sorteo.
Co transcurso do tempo, o deporte foi perdendo en técnica e en velocidade.
Pola representación do puxilato na arte, observanos que os atletas empregaban as dúas mans. Mantiñan unha postura máis erguida que na actualidade, e asestaban golpes directos.
Os púxiles tamén tiñan gran mobilidade nas pernas, e sempre intentaban levar ó adversario ante a luz do sol, para que este non puidese observar ben os seus movementos.
Non debían de existir moitas regras no puxilato. Estaban prohibidos os trabazos, os golpes nos órganos xenitais, e as chaves.


O PANCRACIO

O pancracio era unha combinación de loita e puxilato. Non o atopamos en Homero, e aparece nos Xogos Olímpicos no 648 a. C.
Disfrutaba de gran popularidae, os vencedores foron mencionados por grandes poetas.
Anque o pancracio se combinaban a loita e o puxilato, gabía elementos dos que carecían ámbolos deportes. Os atletas non levaban imantes, e por iso podían asestar golpes co puño e coa palma da man. Ó contrario que na loita libre, admitíanse os golpes coas pernas en tódalas partes do corpo. En líneas xerais, permitíanse tódalas chaves da loita e tódoslos golpes de puxilato, e só estaban prohibidos os trabazos, mete-los dedos nos ollos, boca e nariz do contricante ou rabuñalo. Tales prohibicións non se aplicaban no adestramento dos atletas de Espata, que consideraban o pancracio como preparación para a guerra.
Existían dous tipos de pancracio: o orzostaden e o kato pancracio. No primeiro, os contrincantes intentaban derribarse mutuamente, e no segundo, un deles lanzábase sobre o ouro, con intención de inmovilizalo e obligarlle a que se rindera. Nos xogos competían na modalidade de kato pancracio, mentras que o orzostaden, exercicio máis liviano, reservábase para os adestramentos.
No combate, os atletas tiñan que aunar forza e intelixencia. Existían certas técnicas que se aplicaban con frecuencia.
Cando un dos loitadores cáis ó chan, o adversario aplicáballe unha chave moi perigosa. Normalmente isto significaba o final do combate.



Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 17-04-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
AS PROBAS XIMNÁSTICAS NA GRECIA ANTIGA: AS PROBAS PEDESTRES
As probas realizadas en Olimpia sufriron cambios a través dos tempos, posiblemente as máis antigas foran as carreiras.

Olimpiónico: vencedor da carreira do estadio.

O estadio era a primeira carreira que se realizaba no 2º día das Olimpíadas, era a proba máis antiga e o seu vencedor daba nome á Olimpíada.
A saída:
Os atletas tomaban a saída en posición erguida, pisando sobre os dous sulcos da pedra de saída, balbis, con un pé un pouco adiantado, os xeonllos en flexión e os brazos estendidos en posición horizontal. A cada 1,25 m ensartan unha estaca para delimitar a posicón do corredor. As estacas ían apoiadas nuns paus móbiles que chegaban ao peito dos atletas e que impedían a saída ata que os fíos que os soportaban suxeitos polo afetes, o que daba a saída e que estaba detrás, se soltaban. Saían no momento en que daba a orde o trompetista ou un dos afetes ao berro de: ¡ápite!; se saltaba á pista antes de tempo era azoutado polo adestrador.


O recinto deportivo: o Estadio
O espazo non era máis ca unha pista rectangular. O principio, as probas se realizaban dentro do santuario, preto do templo de Zeus, pero co aumento do número de espectadores fíxose necesaria a construcción dun verdadeiro estadio. Construíuse o “Estadio I” do ano 560 a.C que foi reemprazado por outro a finais do VI a.C, o “Estadio II”. O “Estadio III” construído a mediados do IV a.C. diferenciase en que se atopaba fóra do santuario, pode interpretarse como o crecente carácter político dos xogos, que irá gañando importancia en detrimento da dimensión relixiosa dos mesmos. O estadio carecía de gradas, tiña declives de césped para que se sentara o público (ata 45.000 espectadores). A entrada, cripta, consistía nun corredor por onde entraban os Helanodikes, adestradores e os atletas. Nun lugar destacado estaba a tribuna para as autoridades: os Helanodikes. A sacerdotisa de Deméter que contaba cun altar de pedra no estadio na parte septentrional fronte á tribuma. De pedra tamén era o punto de saída que servía para 20 corredores. Arredor dos 192,27 m e os seus 30 m. de ancho unha canle estreita pola que circulaba auga para refrescarse e catro cisternas con auga potable.



As carreiras nos Xogos Olímpicos

-Estadio: Carreira de velocidade de distancia dun estadio. Única proba do 776 ata o 724 a.C.
-Diaulos: Carreira de velocidade de dous estadios Introdúcese no 724 a.C.
-Dólicos ou macro: Carreira de marcha de 24 estadios. Introdúcese no 724 a.C.
-Pentatlón: Consistía en cinco probas (velocidade, disco, xavelina, salto e loita) comeza no 708 a.C.
-Hoplita dromos: Carreira de velocidade de dous estadios. Introducida no 650 a. C. As armas que levaban eran o casco, escudo e lanza. Pechaba a competición corrían 25 atletas.




A volta ó estadio:
Os estadios non tiñan curvas nos dous extremos. As antigas fontes sinalan o punto de retorno. Segundo outra opinión, cada un corría pola súa pista, xiraba o corpo 180º e continuaba a carreira ou utilizaba unha pista de ida e outra de volta, polo que se deduce que cada carreira participaban simultaneamente dez atletas.
As pistas sinalábanse co po branco de caliza.


AS PROBAS NO ESTADIO
Nos tempos de Homero os corredores usaban unha especie de pantalóns curtos, pero en certa ocasión en Atenas a un corredor se lle desprenderon e caeu, por iso se prohibiu o seu uso. En Olimpia os espartanos puxeron de moda correr espidos. Por iso é factible dividir as probas Gymnika, nas que os atletas competían desnudos no estadio e os Hipika que se facían no Hipódromo.



As carreiras pedestres:
Había catro tipos de carreiras pedestres todas realizadas en liña recta no estadio:
1-Stadion ou drómos: celebrábase no estadio, cunha lonxitude de 600 pés0 197,27 metros.
2-Diaulo: Era unha carreira pedestre de dobre lonxitude (1200 pés, uns 400 metros).
3-Dólixo: Carreira de resistencia de sete, dez, doce ou vintecatro estadios na que foron especialistas os cretenses.(24 estadios eran uns 4615 metros).
4-Hoplitodromía: Corríase portando armas unha distancia de dous estadios (Ben percorrían 384 ou 768 metros)

Tamén no pentatlón que constaba de cinco probas unha era a carreira de velocidade, o estadio.

As lampadedromía eran carreiras por relevos portando fachos en equipos de 6 a 10 corredores. Vencía quen chegaba á meta co lume vivo, como premio tiña o honor de acender a chama no altar do sacrificio.



O PENTATLÓN


"...antes dos tempos de Xasón houbera coroas separadas para o salto, o disco e a xavelina. En tempos do vello Argo, Telamón foi o mellor no lanzamento de disco, Linceo gañou coa xavelina, os fillos de Boreas foron os vencedores na carreira e no salto e Peleo foi o segundo nestas disciplinas, pero superou a todos na loita. Por tanto, cando se celebraban os Xogos de Lemo, Jasón desexando compracer a Peleo, combinaba os cinco exercicios e Peleo asegurábase da vitoria no conxunto...

(Filostrato, viaxe dos Argonautas)



Como o seu propio nome indica, trátase duna proba complexa consistente en cinco exercicios:
a) stadion (carreira pedestre).
b) salto.
c) lanzamento de disco.
d) lanzamento de xavelina.
e) Loita.



Considerábano a competición máis perfecta, porque exercitaba equilibradamente todas as partes do corpo, e proporcionaba aos atletas que o practicaban beleza física, harmonía e saúde.
Polo seu carácter complexo, debeu de ser inventado en época histórica, e se ben Filostrato o menciona como competición prehistórica, e Homero descoñeceo.
O pentatlón empezou a formar parte dos Xogos Olímpicos no 708 a. C. e nél participaron adolescentes.
Resulta problemático descifrar a orde que seguían as diversas probas, e tamén cómo se elexía ó vencedor. Pero queda fóra de toda dúbida a gran importancia da loita e do feito de que o pentatlón rematase con esta proba.
Chegamos á conclusión de que o lanzamento de disco precedía o de xavelina e á loita, e o salto de lonxitude precedía ó lanzamento de disco. A sucesión das probas podería ser tal e como segue:
- carreira pedestre
- salto
- lanzamento de disco
- lanzamento de xabalina
- loita




Non existe unanimidade no referente á elección do vencedor. Parece incríble que o mismo atleta pudiera gañar na cinco probas. Probablemente, bastaba con que vencera en tres delas, una das cales era a loita.

No panorama olímpico, resultaba evidente que o pentatleta tiña unhas cualidades óptimas de guerreiro: rapidez, axilidade, forza, habilidade, valor, resistencia, destreza no manexo de armas...; de feito, a xavelina era unha arma de guerra; o disco, aparte de ser un obxecto votivo, parece o remedo da pedra empregada coma arma arroxadiza. Houbo competicións anteriores ó disco.
O tamaño dos discos empregados nas olimpiadas debeu ser variable. Primitivamente, foron de pedra, pero en Olimpia xa se empregaron de bronce. A técnica de lanzamento debeu de ser múltiple. As marcas logradas có disco deberon supera-los 30 m.

A xavelina tivo, ó menos, tres tipos de emprego olímpico: alcance, precisión e emprego dende cabalo. A forma de lanzamento un enterado e preciso narrador en Jenofonte, que escribía:
“Unha vez asida a xabalina, débese adiantar o lado esquerdo do corpo despois de inclinar o dereito cara atrás. Con brusca sacudida dos muslos lánzase entón a xabalina cara enriba”.

O salto grego é, a especialidade pentatloniana máis polémica e máis difícil de explicar actualmente. Añade dificultades á circunstancia de que se saltase con alteras nas mans, que facilitaban o impulso do atleta e que eran soltada no momento de iniciar o voo o que , eran levadas por diante no momento de iniciar o salto e recollidas violentamente cara atrás ó chegar ó punto de caída. Ese posible impulso non xustifica o desmesurado récord, que a carreira para tomar impulso realizábase sobre un chán de area. As xustificacións máis importantes falan dun posible triple salto ou da suma lograda en tres intentos.


"...levantuse furioso dando un salto, tomou un disco maior que o que lanzaban os feacios, impulsouno coa destra e mandouno silbando polo aire. Os varóns de Esqueris, os remeiros que bogaban polos mares, agacháronse temerosos polo voo da pedra que voaba lixeira como unha ave..."

(Homero, Ilíada )


Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 17-04-2012 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
OS ESPAZOS DAS OLIMPÍADAS DE OLIMPIA

Como era Olimpia e os espazos e usos dos seus edificios ?

Podemos dividir en dous grandes grupos os edificios que, segundo a súa orixe, tras excavacións arqueolóxicas sabemos que houbo en Olimpia. Correspóndense aos diversos momentos de apoxeo dos Xogos, fundamentalmente do período arcaico ao clásico e xa no clásico da Olimpia máis xenuína e logo outras aportacións macedonias, helenísticas ou romanas que respostan a evolución das Olimpíadas onde se observa unha clara profesionalización dos atletas e unha utilización política de Olimpia, como por exemplo fixeron os romanos que servíalle ao imperio como símbolo do seu poder internacional. Se atendemos ao seu uso destacan as de utilización relixiosa ou para a organización e elementos ornamentais situadas no recinto do Altis, as deportivas que están fóra do bosque sagrado.

FÓRA DO ALTIS, O RECINTO SAGRADO

1-Ximnasio (II a.C.)
Edificio retangular, a carón do río Cladeo, de catro galerías de columnas de estilo dórico. Servía de lugar de entrenamento dos atletas que participaban en competicións coma o lanzamento, o disco e as carreiras( unha galería media un estadio).

2-Palestra ( III a.C.)
Era o lugar de adestramento do dos atletas da loita(palé) e tamén de salto. Era cadrada conformada por un patio rodeado por galerías de columnas dóricas adecuadas para o entrenamento dos atletas. Tiña anexas salas para untarse de aceite e area e para as clases teóricas ou reunión de oradores. Había tamén un estanque de 1,40 de profundidade para o baño frío.



5-Theikoleon ( V a.C.)
Trátase dun edificio rectangular con habitacións arredor dun patio central que servía de sede para os Theikoloi, sacerdotes de Olimpia e os seus axudantes


8-Leonideon ( 159 d.C.)
Era un hostal para hospedar ás delegacións oficiais nos xogos. Tiña dúas plantas, composto por un patio central rodeado por unha columnata doria con 44 columnas nos seus lados interiores e de habitacións que daban ao patio. Na súa parte exterior o edifico enteiro estaba rodeado por unha columnata xónica.

19-A Boulé ou Bouleutirion ( VI a.C.)
Edificio de 4 partes de distintas tendencias arquitectónicas. Servían de sede a Boulé do Consello Olímpico Helénico.


OUTROS LUGARES FÓRA DO ALTIS

3 e 4-Baños helénicos e piscina
6-Obradoiro de Fidias, escultor da estatua de Zeus.
7-Hostal de época romana.
17 e 30- Baños meridionais e orientais.
18 -Galerías de columnas ( mercado)
25- Columnata canda o hipódromo.
26- Mecanismo de saída de carros.
27- Altar de Taraxipo do hipódromo
28-Golfiño.
29-Estatua de Hipodamía no hipódromo.
31-Meta do hipódromo.
32- Hipódromo destruído polas inundacións do río Alfeo.
33- Tribuna dos árbitros no estadio.
34- Altar de Deméter no estadio.
35- A evolución do estadio I, II e III.




NO INTERIOR DO BOSQUE DO ALTIS

9-Pritaneion( V a.C.)
Aquí celebrábanse os banquetes aos vencedores. Na parede do interior había semicolumnas corintias e no fondo do sikos había unha tribuna, altar de Hestia, semicircular, co lume que nunca se apagaba. Había moitas habitacións e un patio peristilo. Era o centro cultural do santuario que sufriu numerosas modificacións e extensións.

11-Templo de Hera (VII a.C.)
Un templo dórico de 6 X16 columnas onde había estatuas Hera sentada no trono e Zeus ao seu carón. Aquí estaba o disco de Ifito co texto da Tregua Sagrada e multude de estatuas entra as que se atopou a de Praxíteles Hermes con Dioniso. Tras unha escalinata interior estaba o templo máis antigo de Olimpia, o de Gaia, a deusa nai.

13-Gran altar de Zeus( VI a.C.) Estaba rodeado dunha tapia de pedra, conformado pola cinza acumulada de sucesivos sacrificios de animais (hecatombe) e da fogueira do Pritaneion. As chuvias fixeron que iso se esparcise. Dicíase que entre o altar e o templo de Zeus había un piar do antigo pazo de Enómao.

14-Pelopeion( VI a.C.)
Un monumento co estatua do heroe Pélope e un altar onde sacrificaban un carneiro negro en honor dun fundador dos Xogos en Olimpia.


15-Templo de Zeus ( 470 a.C.)
O templo, corazón neurálxico das Olimpíadas.

22-Tesouros ( VI a.C.)
Encóntrase nun terraplén do monte Cronio. Trátase de pequenas edificacións en forma de templo con dúas columnas na fachada que gardaban valiosas ofrendas das cidades.


OUTROS ESPAZOS DENTRO DO ALTIS

10-Filipeion cosntruído por Filipo, con estatuas de ouro súas, da súa esposa Olimpíada e de Alexandro.
12- Ninfeon, edificio de época romana, acueducto do santuario con fontes e estatuas votivas.
16-Entrada pola rúa da “Pompa” (do desfile) ao recinto sagrada do Altis.
20-Metroon (Rexistro de competidores)
O lugar onde estaba o rexistro era un templo dórico consagrado ao culto da nai dos deuses, Rea ou Cibeles, posiblemente un dos máis antigos do recinto. Na época romana foi transformado no templo de Augusto e dos emperadores romanos.
21-Zanes (16 estatuas consagradas das multas impostas polos Heladínicos postas para dar exemplo na entrada ao Estadio.
23- Estoa ou galería de Eco, de época macedonia, decorada con frescos, onde secelebraban o concurso de heraldos e trompetistas.
24- Santuario da deusa Hestia.


Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 16-04-2012 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal